Deputación de Lugo

A Deputación inviste preto de 350.000 euros na mellora do trazado da estrada 1201 en Castroverde

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial xa iniciou os traballos que estarán rematados a finais de febreiro

As obras contemplan a construcción dunha ponte e o aglomerado de preto dun 1,5 quilómetros deste treito A Deputación está a levar a cabo obras de mellora na estrada provincial CP 1201 que transcorre dende Sobrado a Souto de Torres, no Concello de Castroverde. Concretamente, técnicos do departamento de Vías e Obras traballan no acondicionamento deste vial entre os puntos quilométricos 4,900 ao 6,200 para mellorar o seu trazado eliminando as curvas, e garantindo deste xeito, a seguridade dos viandantes. O organismo provincial inviste preto de 350.000 euros nesta actuación, que contempla por un lado, a construcción dunha nova ponte no río Miranda, exactamente no punto quilométrico 5,910, onde xa se están a situar arcos triangulares apoiados nunha base de formigón armado. Esta infraestrutura facilitará a canalización da agua, ao mesmo tempo que permitirá o ensanche da propia estrada. Por outra banda, este mesmo proxecto, enmarcado no POS de 2007, inclúe a mellora do trazado deste vía co asfalto de preto de 1,5 quilómetros. Asimemso, tamén se procederá ao ensanche do treito que transcorre ao carón da nova ponte. Todas as actuacións estarán rematadas a finais de febreiro.