Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque
de Monforte

Gómez Besteiro visitou oficialmente o Concello e entrevistouse cos empresarios do municipio

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse este mércores a Monforte de Lemos para visitar oficialmente este Concello. Durante a súa estancia no municipio monfortino Gómez Besteiro ratificou o compromiso do novo equipo de goberno da Deputación de dotar á provincia de Lugo dun plan de seguridade en materia de extinción de incendios coa creación do consorcio provincial de bombeiros. O máximo mandatario provincial lembrou que só dous Concellos, Lugo e Monforte, dispoñen deste servizo, “polo que agora trátase de abordar como vai ser a súa integración no futuro Consorcio” que acometeremos conxuntamente a Consellería de Presidencia e a Deputación”. Deste xeito, explicou que a finalidade é “dar servizo en materia de prevención de incendios ós veciños e ás veciñas, e ver como estes dous Concellos se integran no Consorcio ou se hai que buscar solucións alternativas. Por tanto, o que nos interesa é pechar pronto o acordo para que as bases do Consorcio sexan aprobadas polo Consello da Xunta e polo Pleno provincial. Logo xa podemos poñernos a traballar”. Gómez Besteiro destacou que a creación da rede provincial de bombeiros xunto co pago do canon enerxético e a transferencia dos hospitais de San José e de San Rafael ó SERGAS son os compromisos fundamentais do novo equipo de goberno. Neste senso, subliñou que “hai vontade política de cumprir con estas obligacións, de xeito que estes asuntos se verán reflictidos nos orzamentos de 2008 que se aprobarán nos vindeiros días”. Pola súa banda, o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez manifestou que Monforte e Lugo “son os concellos máis seguros por contar co servizo de bombeiros, polo que necesitamos un tratamento especial. Hai que levar a cabo negociacións para perfilar como lle vamos dar cobertura e salida a esta situación”. Canon Enerxético O Presidente da Deputación explicou tamén que nestes momentos estase pechando o proceso do pago do canon enerxético co único Concello que ten unha sentenza gañada para logo asumir a parte correpondente do resto dos municipios afectados polo asolagamento dos embalses. “Durante anos non se falaba do compromiso de Chantada, pero tampouco do resto dos concellos afectados. Nós damos un xiro total para asumir a débedas xurídica co municipio chantadino e política co resto dos concellos”, destacou o Presidente da Deputación. Pola súa banda, o rexedor municipal subliñou que “pasamos dunha situación donde non se pagaba a nadie e agora existe o compromiso da Deputación de non só solucionar o problema con Chantada senón tamén co resto dos Concellos”. Pazo de Tor Na visita realizada a Monforte de Lemos o Presidente da Deputación destacou o compromiso da Consellería de Medio Ambiente para converter ó Pazo de Tor nun centro de referencia a nivel nacional no eido medioambiental. Deste xeito, subliñou que para este traballo, no que se terá en conta a opinión das federacións de caza e pesca e de especialistas na materia, “tamén apretaremos á Consellería para que se implique no Centro”. Visita oficial ó Concello O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, visitou oficialmente este mércores o Concello de Monforte de Lemos que conta con 19.445 habitantes. Na actualidade dispón de 199,11 quilómetros de superficie municipal e 366,56 quilómetros de rede viaria, dos que o 18,86% son estradas provinciais. Gómez Besteiro foi recibido polo Alcalde, Severino Rodríguez, e presentado ós membros da Corporación municipal. Logo de asinar no Libro de Ouro mantivo unha xuntaza privada no despacho do rexedor. Serverino Rodríguez plantexoulle as principias necesidades que ten o Concello, entre elas a modernización do acceso ó polígono industrial de Reboredo e a mellora da conexión coa N-120, así como a colaboración do organismo provincial para acometer distintas obras de saneamento do municipio. Trátase dunha visita prioritaria que Gómez Besteiro tiña pendente na súa axenda e que se enmarca dentro da rolda de entrevistas que o máximo mandatario provincial está a levar a cabo cos Alcaldes e Alcaldesas da provincia. Neste senso, o titular da Deputación destacou que “as relacións entre a Deputación e Monforte teñen que estar presididas por un entendemento claro para potenciar o Concello e o seu entorno. No seu día houbo un déficit de relación entre as comarcas do norte e do sur co organismo provincial polo que neste mandato temos que aplicarnos para rematar con esta deficiencia”. O rexedor monfortino xa fora recibido polo máximo mandatario provincial no mes de setembro, polo que este é o segundo contacto oficial que mantiveron ámbolos dous dirixentes. O responsable municipal lembrou que “a visita realizada no mes de setembro á Deputación é un exemplo da manifestación do cambio na provincia de Lugo e, sobre todo, na relación entre a institución provincial e os concellos. Entre as administracións temos que facer ese esforzo de colaboración e hoxe queda comprobado a aposta decidida que fai a Deputación con Monforte”. Como recordo da visita, Gómez Besteiro obsequiou ó Alcalde cunha bufanda de seda e unha peza de cerámica elaboradas polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Pola súa banda, o máximo mandatario provincial recibiu, entre outros agasallos, o libro de Germán Álvarez, Historia de Monforte. Logo da visita oficial ó Concello, Gómez Besteiro mantivo unha reunión cos membros da CEL de Monforte. Na xuntanza o máximo mantario provincial destacou a situación estratéxica na que quedará o municipio coa construción da futura A-76 que comunicará ente Concello con Ponferrada. Precisamente, a vía de alta capacidade seguirá o trazado da N-120, estrada de titularidade provincial.