Deputación de Lugo

A Deputación acolle o curso novas propostas para destinos emerxentes

Neste curso presentáronse diferentes modelos desenvoltos para a promoción do turismo, tanto en destinos xa consolidados, como en comarcas que se sitúan como novos focos de atracción.

LUGO, 15 DE XANEIRO. O salón de actos da deputación de Lugo acolleu durante a xornada de hoxe o curso NOVAS PROPOSTAS PARA DESTINOS EMERXENTES. Este curso foi organizado polo Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da Universidade Santiago de Compostela e contou co patrocinio da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galiza. A inauguración do curso correu a cargo do Delegado Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria, D. Ramón Cortés. Neste curso participaron especialistas en turismo procedentes de diferentes de lugares do estado que relataron as experiencias e as estratexias levadas a cabo polos organismos que dirixen ou nas súas localidades de orixe para a promoción turística. Participaron como poñentes: o concelleiro de Turismo do Consello Comarcal do Baix Empordá que explicou a estratexia turística dun destino consolidado Baix Empordá – Costa Brava, o xerente do Plan de Dinamización Turística da Comarca de La Vera que falou da experiencias de desenvolvemento turístico nesta comarca cacereña e a xerente da mancomunidade municipios de Arousa-Norte. As xornadas remataron cunha mesa redonda onde se discutiu o presente e futuro dos destinos emerxentes galegos.