Deputación de Lugo

Antón Bao presentou o Curso de Antorpoloxía que acolle o Museo de Lugo entre o 7 e o 11 de xuño

Antón Bao presentou o Curso de Antorpoloxía que acolle o Museo de Lugo entre o 7 e o 11 de xuño

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou hoxe o I Curso de Verán de Antropoloxía – A Construcción das Identidades e a Musealización das Culturas Populares. Na presentación do curso, participaron tamén, a xerente da Rede Museística e os coordinadores do curso Xaquín Rodríguez Campos e Fernando Arribas. Este curso organizado dende o Museo de Lugo e dende a Área de Cultura da Deputación supón un importante encontro no que se analizarán, en diversas ponencias, diferentes relativas á antropoloxía. A antropoloxía é, en definitiva, o estudo do xeito de vida dos nosos devanceiros e segundo destacou Antón Bao “queremos estudar todos os aspectos que poidan incidira na posta en valor da nosa cultura e como todos eses aspectos deben de estar presentes no traballo diario das institucións”. Este curso enmarcase dentro das accións formativas que o museo de Lugo e a Área de Cultura da Deputación están a desenvolver neste ano do 75 aniversario do museo. Estas xornadas contarán con refutados especialistas que tratarán diversos temas dende as diferentes ópticas que os conferenciantes posúen debido as súas diversas procedencias xeográficas. A ÁREA DE CULTURA CONVOCARÁ BOLSAS PARA O ESTUDO DO NOSO PATRIMONIO INMATERIAL Dende a Área de Cultura vaise a profundizar no estudo e na posta en valor do noso patrimonio inmaterial. As Fachas de Escairon, o Antroido Ribeirao, o oso de Salcedo, e outras manifestacións do patrimonio inmaterial e cultural serán obxecto de estudo. A Área de Cultura incluíu nos seus orzamentos unha partida destinada ao finanzamento de bolsas de estudo para a posta en valor dos elementos máis significativos do nos patrimonio inmaterial que poden ser xeradores de recursos e incluso de emprego. Segundo Anton Bao “hai dúas posibilidades estar no século XXI ou ser no século XXI, ser no século XXI significa termos como referente a identidade, o pasado para poder ser modernos e entrar na modernidade sen renunciar á nosa identidade cultural”. Sen renunciar á identidade que definiu o pasado do noso pobo á área de cutura traballa arreo, neste tempo presente, coa finalidade de mirar a un futuro sen complexos culturais e co orgullo de ser galegos. Para esto a área de cultura porá os medios necesarios para conservar e revalorizar a nosa sabiduría popular. PROGRAMA DO CURSO: 7 de Xullo: Mañá: 10,45 h. Recepción e entrega de documentación 12:00: inauguración a cargo de D. Antón Bao Abelleira, vicepresidente priemeiro da Deputación provincial de Lugo. 12:30 a 14:00: A destrución de identidades nacionais: as modernas prácticas de xenocidio e outras prácticas. Joan Frigolé Reixach. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade Central de Barcelona. Tarde: 17:00 a 21:00 h: Visita Cultural ao museo San Paio de Narla. 8 de Xullo: Mañá: 10:00 a 11:15: O Camiño de Santiago como itinerario cultural posmoderno. Nieves Herrero Pérez profesora titular de Antropoloxía social da USC 11:15 a 12:30: O traxe e a nación en Portugal. Antonio Fernando Gomes Medeiros. Profesor do Instituto Superior de Ciencias do Traballo e da Empresa de Lisboa 10:30 a 12:45: descanso 12:45 a 14:00: Difusión e uso turístico do Patrimonio Cultural. X. Antón Fidalgo Santamariña. Universidadde Vigo-Ourense Tarde: 17:00 a 20:00: Visita cultural ao museo provincial de Lugo 9 de Xullo: Mañá: 10:00 a 11:15 h. A construción dunha entidade etno-nacional galega na alborada do século XXI: o papel do folklorismo e os museos. Xosé Manuel González Reboredo. Museo do pobo galego 11:15 a 12:30: A “cultura” nas políticas da identidade: formalismo e pragmatismo. Reflexoes a partir do caso dos “lenços de namorados” do Minho. Jean Yves Durand. Proifesor de Antropoloxía da Universidade Minho-Braga. 12:30 a 12:45: Descanso 12:45 a 14:00: As crenzas da tradición como patrimonio cultural. Xosé R. Mariño Ferro. USC. Tarde: 17:00 a 21:00 h: Visita Cultural ao museo Provincial do Mar 10 de Xullo Mañá: 10:00 a 11:15 h. A relixiosidade popular a través das ilustracións. J.M. Blanco Prado. Doutor en Historia e Catedrático de Filosofía no Instituto Xoán Montes de Lugo 11:15 a 12:30: Os cruceiros como símbolos da relixiosidade popular. Fernando Arribas Arias. Museo Provincial de Lugo. 12:30 a 12:45: Descanso 12:45 a 14:00: Procesos de dinamización do patrimonio cultural mariñeiro en Galicia. Antonio Garcia Allut. Profesor Titular de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña. Tarde: 17:00 a 21:00 h: Visita Cultural ao Pazo de Tor. 11 de Xullo: Mañá: 10:00 a 11:00 h: A sedución das artesanías no mercado cultural actual. Elena Freire Paz. Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela 11:00 a 12:15 h. As culturas populares e o diálogo intercultural no mundo global. Xaquín Rodríguez Campos. Profesor Titular de Antropoloxía Social da USC. 12:15 a 13:15: Antropoloxía visual, turismo e cultura popular. Sharon R. Roseman. Profesora de Antropoloxía da Memorial University de Newfoundland- Canadá. 13:15 h. Clausura e entrega de diplomas Coordinadores: Xaquín Rodríguez Campos, Profesor titular de Antropoloxía da uSC Fernando Arribas: Técnico de Difusión do Museo Provincial Datas: Do 7 ao 11 de Xullo Destinatarios: - Persoal de museos - Estudantes de Humanidades, Turismo, Socioloxía, Psicoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación - Guías interpretes de Turismo - Todas aquelas persoas interesadas en Antropoloxía Social. Duración: 50 días (32 horas lectivas) Número de Prazas: 60, cubertas por rigorosa orde de inscrición Matrícula: Gratuíta, co gallo do 75 aniversario do Museo Provincial Prazo: Até o 4 de Xullo Validacións Solicitadas: - Crédito de libre configuración para calquera titulación da USC - Crédito de libre configuración para a Universidade de Vigo (titulacións de Historia, Psicopedagoxía, Educación Social , Traballo Social e Mestre de Educación Infantil, Primaria e Especial) e da Coruña (Titulacións de Humanidades, socioloxía, Ciencias da Educación, Psicopedagoxía, Mestre de Primaria e Infantil e Turismo). - Homologación para Guías intérpretes de Turismo da Xunta de Galiza.