Deputación de Lugo

O Vicepresidente, Antón Bao, persentou as bases
das axudas de Cultura e Deportes

O prazo de solicitude das axudas abrirase a partir da súa publicación no B.O.P unha vez se produza a súa aprobación no pleno do próximo martes

A convocatoria da Área de Cultura e Deportes establecerá liñas de axudas destinadas a entidades culturais, asociacións e clubes para actividades, eventos e gastos de tempada O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, anunciou hoxe que a Área de Cultura e Deportes levará ao pleno da Deputación do próximo martes, 24 de xuño, as bases das axudas destinadas a entidades asociativas e clubes deportivos para este ano 2008. A convocatoria de axudas vai dirixida unicamente a entidades legalmente constituídas. Que as axudas se concedesen unicamente a entidades legalmente constituídas foi unha das reivindicacións históricas das forzas políticas que hoxe gobernan no Pazo de San Marcos xa que o anterior goberno concedía unha importante porcentaxe das axudas a través do plan de cooperación coas entidades veciñais no que era suficiente a sinatura de tres persoas e as fotocopias dos correspondetes DNI para obter unha axuda. Esta será a primeira convocatoria de axudas aprobadas polo novo goberno bipartito da Deputación de Lugo e suporán un antes e un despois na concesión de axudas desta entidade despois de 24 anos de goberno monocolor do Partido Popular. Segundo o vicepresidente da Deputación “fixemos un verdadeiro esforzo para que o tecido asociativo que sustenta a actividade cultural e deportiva fose o primeiro perceptor das axudas que se van conceder neste primeiro ano de goberno bipartito na Deputación”. Antón Bao fixo referencia ao retraso con que sae á luz esta convocatoria de axudas e declarou que a pesares de que o traballo necesario para proceder á convocatoria das axudas xa estaba feito, dende a Área de Cultura e Deportes, fai tempo; a lei obrigounos a agardar ata aprobación dos orzamentos para poder realizar esta convocatoria. A aprobación das bases levarase a cabo no próximo pleno da Deputación que se celebrará o vindeiro martes, día 24, inmediatamente publicaranse no B.O.P e neste momento quedará aberto o prazo de solicitudes. Antón Bao indicou, tamén, que as bases e os anexos necesarios para solicitar as axudas terán un novo formato que nada ten que ver coas tradicionais carpetillas que viña utilizando o anterior goberno da Deputación. Para a solicitude das axudas as entidades deberán de cubrir unha serie de anexos que permitirán que sexa a propia Deputación a que faga as xestións coas diversas administracións para comprobar todos aqueles aspectos que a lei de subvencións obriga a acreditar á hora do aboamento das axudas. Con este novo modelo os beneficiarios aforrarán moitos trámites á hora de xustificar a axuda. Segundo Antón Bao “tivemos que facer un traballo ímprobo para adaptar aos nosos tempos unha estrutura anquilosada no pasado e está no noso ánimo poñer en marcha unha oficina virtual que permita, en breve, que os que traballan, no presente, no eido da cultura e do deporte conten cos medios máis modernos para racionalizar e axilizar os aspectos burocráticos que supoñen unha carga de traballo extra para as persoas que manteñen o movemento asociativo tanto cultural como deportivo nas cidades, vilas e aldeas”. AXUDAS DE CULTURA As axudas para actividades culturais irán destinadas a entidades culturais, agrupacións e asociacións de veciños legalmente constituídas e terán como finalidade subvencionar aquelas actuacións que incidan na dinamización social e cultural en todas as súas vertentes, que redunden no beneficio das correspondentes colectividades e do interese xeral, potenciando a historia, a música e as tradicións de Galiza, o uso do idioma galego en todas as actividades que se leven a cabo e a potenciación do patrimonio material e inmaterial do país. A concesión destas axudas da Área de Cultura e Deportes farase en réxime de concorrencia competitiva atendendo aos principios de igualdade e non discriminación, téndose en conta, así mesmo, para a concesión das subvencións unha serie de criterios baremados e o importe máximo das axudas por entidade será de 8.000 euros. AS AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS TERÁN TRES LIÑAS BEN DEFINIDAS As axudas destinadas a entidades deportivas convocadas pola Área de Deportes da Deputación irán dirixidas a aqueles clubes e colectivos que desenvolvan como actividade principal a participación en competicións organizadas polas federacións deportivas ou entidades recoñecida oficialmente ou con arraigo social e interese constatado e terán tres liñas ben definidas. A primeira terá como obxectivo axudar a sufragar os gastos de tempada relacionados cos custos derivados de arbitraxes, transporte e gastos federativos (licenzas, seguros, etc) e canons que esta participación xera. A segunda liña liña irá dirixida cara a subvención de organización de eventos deportivos de carácter puntual e que teñan como obxectivo a promoción e formación deportiva con especial incidencia no deporte recreativo, deporte saúde, deporte autóctono e tradicional, deporte feminino e deporte adaptado. A terceira das liñas irá destinada a entidades deportivas que desenvolvan actividades deportivas de carácter permanente con especial incidencia sobre a poboación escolar, maiores, poboación diversa e muller. É de destacar que nestes criterios se incluíu o grao de dispersión territorial e o grao de consolidación territorial co fin de que as entidades deportivas e culturais non se vexan perxudicadas á hora de obter axudas polo feito de estar ubicadas en concellos nos que o número habitantes disminouiu nos últimos anos. Segundo Antón Bao “naquelas axudas nas que o número de socios ou número de licenzas federativas puntúan á hora de obter a axudas incluimos un factor corrector para evitar que haxa un agravio comparativo entre as entidades dos concellos con menos habitantes e as entidades das vilas e cidades nas que a poboación é moito maior”. As tres liñas de axudas contarán con criterios baremados perfectamente definidos e contías máximas acordes co obxectivo da actividade. Tanto os criterios como as cuantías máximas reflexanse nas seguintes taboas: OUTROS ASUNTOS DA XUNTA DE GOBERNO O vicepresidente Antón Bao anuncio a aprobación de outros asuntos como a aprobación do aboamento de subvencións a clubes , Asociacións e Agrupacións pola realización de actividades deportivas no ano 2007. Clube, Entidade ou AsociaciónAxudaSOCIEDADE DEPORTIVA OURAL2000 €REAL AERO CLUB4000 €ASOCIACIÓN DE PESCADORES DE A ULLOA1000 €CLUB DE TENIS MESA CEIBE1000 €MURAS CLUB DE FUTBOL3000 €KASTRI RACING TEAM3000 € Aprobouse a proposta de establecemento da tarifa do prezo público do libro titulado: “Estudio de mercado agrícola del Concello de Lourenzᔠo prezo estableceuse en 8 euros cun desconto do 30 % para a distribución concertada. Ademais aprobáronse varias contas xustificativas da actividade de animación social e cultural do Plan de Cooperación con Comunidades Veciñais.