Deputación de Lugo

A Área de Cultura e Deporte organizará, durante o verán, actividades polideportivas e culturais dirixidas aos máis novos

As actividades realizaranse nas comarcas de A Mariña, do centro de Lugo e do Sur para facilitar a participación de todos os cativos e cativas

As actividades estarán organizadas por clubes e entidades que perciben axudas da Área de Deportes da Deputación Hoxe presentáronse as actividades polideportivas que a Área de Deportes da Deputación vai a poñer en marcha este verán. As actividades van dirixidas aos cativos e cativas das distintas comarcas lucenses. Na presentación das actividades estiveron presentes o Responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, e o asesor técnico da área, Edurado Fernández Abel. As actividades repartiranse ao longo do verán e a maior parte dos cursos terá unha duración de unha semana, agás algunas das actividades programadas para unha única xornada como é o caso do sendeirismo. A área de Deportes da Deputación contou, para organizar estas actividades, con diferentes clubes e asociacións que perciben axudas directas da Deputación co fin de facer que o custo de estas actividades sexa mínimo para o organismo. A organización destas actividades para os máis pequenos será un xeito de facer que os cartos públicos que perciben clubes e entidades como o Emeve, Adega, fútbol Sala Burela ou a Federación Galega de Piragüismo reverta na sociedade a través destas actividades lúdicas e formativas no verán. Está no ánimo da área de Deportes, á hora de organizar estas actividades, que os deportes minoritarios teñan presenza así os organizaranse diferentes cursos polideportivos cos que se tentará cubrir o tempo de lecer e ocio dos rapaces e rapazas ao mesmo tempo que se inician e perfeccionan en actividades como equitación, piragüismo, loita, escalada, voleibol, fútbol, etc… O custo das actividades será de 5 € por aluno/a matriculado agás a actividade de sendeirismo que será totalmente gratuíta. O Responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, indicou que esta programación pretende descentralizar as actividades e achegalas ás distintas comarcas para que o maior número de rapaces e rapazas poidan beneficiarse destas actividades que se programan dende a Área de Deportes. Segundo Antonio Veiga “as actividades estarán distribuídas por diversos concellos de A Mariña, da comarca de Lugo, e do sur, é para nos un obxectivo levar aos concellos actividades que permitan que os rapaces e rapazas que viven en vilas e aldeas teñan as mesmas oportunidades lúdicas e deportivas que os que viven nas cidades”. DEPORTE E NATUREZA As actividades programadas pola Área de Deportes da Deputación foron deseñadas para que os rapaces e rapazas teñan un contacto directo coa natureza mentres realizan as actividades polideportivas. A formación medioambiental e a posta en valor da riqueza natural das distintas comarcas de Lugo é un dos obxectivos destas actividades dirixidas a rapaces de entre 6 e 18 anos. Na programación haberá actividades náuticas e ríos e no mar, actividades con animais como a equitación, actividades na praia, rutas de sendeirismo, escalada e xogos populares. Todas estas actividades polideportivas teñen un compoñente educativo que complementa o que é a propia actividade física. (Nota: envíanse fotos + corte de voz + programa de actividades) PROGRAMA DE ACTIVIDADES PROGRAMA ACTIVIDADES POLIDEPORTIVAS VERÁN 2008 Zona norte ( A Mariña) VELA VOLLEI PRAIA FUTBOL PRAIA Zona Centro (Lugo) EQUITACIÓN PIRAGÜISMO ROCODROMO LOITA SENDEIRISMO XOGOS POPULARES Zona Sur ( Monforte de Lemos) INICIACIÓN PIRAGÜISMO SLALOM PIRAGÜISMO EN AUGAS BRAVAS CURSO DE PORTEIROS Este programa de actividades que se distribúen con diferente cursos polideportivos e culturais ofrécese na época estival cunha duración semanal aproximadamente, xa que os destinatarios van ser rapaces/as maioritariamente dende 6 a 18 agás o senderismo e outros cursos que están dirixidos a toda a poboación, é nestes meses cando remata a etapa escolar e polo tanto co programa de cursos intentarase cubrir o tempo de lecer e ocio ao mesmo tempo que se inician e perfeccionan en actividades como equitación, piragüismo, loita, escalada, voleibol, fútbol... Preténdese desde a Área de Cultura e Deporte, cubrir toda a provincia lucense, con cursos nas zonas Norte, Centro e Sur. 1 -. ACTIVIDADES ZONA NORTE ( A Mariña) - ACTIVIDADES DEPORTIVAS • VELA DESTINATARIOS: Toda a poboación a partir de 8 anos. TEMPORALIZACIÓN: O curso distribuirase por quincenas de Luns a Vernes catro horas polas tardes, os meses de Xullo e Agosto. LOCALIZACIÓN: Club Náutico de Burela ORGANIZA: Club Náutico de Burela INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 626309784 / 982581330 • VOLLEI PRAIA DESTINATARIOS: Rapaces a partir de 12 anos TEMPORALIZACIÓN: Nos meses de verán nas seguintes quincenas todos os días de 10:00h a 14:00h e de 17:00 a 21:00h,agás algún luns que será de descanso. XULLO: Do 14 ao 27 de Xullo os dous inclusive , agas o luns 21 AGOSTO: Do 29 Xullo ao 10 Agosto os dous inclusive LOCALIZACIÓN: Realizarase nas praias de: Fonte Valea ( Benquerencia) Amarosa (Burela) Cubelas a Torno (Cervo) A Rapadoira (Foz) Castro o Islas (Ribadeo) Xilloi (Vicedo) Covas (Viveiro) Portecelo (Xove) ORGANIZA: Club EMEVE INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 669.303.263 • FUTBOL PRAIA DESTINATARIOS: De 6 anos a 20 anos para equipos de 12 Xogadores TEMPORALIZACIÓN: Os días 18, 19 y 21 de Agosto Torneo de Fútbol Praia para menores de 17 anos Os días 25, 26, 28 de Agosto Torneo de fútbol para Sénior En horario de 20:00h a 21:00h LOCALIZACIÓN: Nas praias: A Marosa (Burela) Portocelo (Xove) ORGANIZA: Club Fútbol sala Burela – Pescados Rubén INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 670321857/ 665819274 ZONA CENTRO (LUGO) - ACTIVIDADES DEPORTIVAS • EQUITACIÓN: DESTINATARIOS: Rapaces/as de 6 a 15 anos. TEMPORALIZACIÓN: Do 4 ao 10 de Agosto ambos inclusive, estruturado en: 2 horas de teoría e 2 horas de práctica en horario de tarde de, 16:00h a 20:00h. LOCALIZACIÓN: Parte teórica: CENTRO SOCIOCULTURAL DE CARBALLO (FRIOL) Parte Práctica: 1.- MONTE VECIÑAL DE CARBALLO 2.- FINCA LIMÍTROFE CO LOCAL SOCIAL DE CARBALLO 3.- CENTRO DE ENTRENAMENTO DE CABALOS EN FRIOL ORGANIZA: Asociación do cabalo de Sarria INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 659.987751/647084545 • PIRAGÜISMO: DESTINATARIOS: Rapaces/as a partir de 10 anos ata 15 anos que saiban nadar a 25 metros aproximadamente . TEMPORALIZACIÓN: Distribuiranse grupos de dez nenos que realizaran o curso por quincenas de Luns a Venres cunha duración por día dunha hora, no intervalo de 17:00h a 19:00h durante Xullo e Agosto. LOCALIZACIÓN: Escola de Piragüismo As Saamasas da Deputación de Lugo ORGANIZA: Club Cidade de Lugo Federación Galega de Piragüismo INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN : 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 982201895 • ROCODROMO: DESTINATARIOS: Usuarios de 6 a 50 anos aproximadamente TEMPORALIZACIÓN: O curso realizarase os Sábados e será de 8 horas en horario de: PARTE TEÓRICA: 10:00h a 14:00 h Centro escalado o veral PARTE PRÁCTICA: 16:00h a 20:00h Saída ao veral LOCALIZACIÓN: Centro de escalada O Veral (situado en fronte o centro comercial Carrefour) Saída ao veral para facer práctica según circunstancias ( falarase na inscripción se están de acordo en facelo alí) ORGANIZA: Club de Montaña O Veral INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 637.702.010 • LOITA : DESTINATARIOS: Rapaces/as a partir de 6 a 12 anos. TEMPORALIZACIÓN: Será quincenal tres días a semana distribúense da seguinte maneira: MARTES: 18:00h a 19:00h MERCORES: 18:00h a 19:00h XOVES: 18:00h a 19:00h LOCALIZACIÓN: Escola de Piragüismo As Saamasas da Deputación de Lugo ORGANIZA: Federación Galega Loita Libre INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO: DE INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 654.844.642 / 677.518.621 • SENDERISMO: DESTINATARIOS: Toda a poboación. TEMPORALIZACIÓN: A actividade darase 2 días a semana, cunha duración cada día de 2 horas. Hai que ter en conta que se farán grupos de 20 persoas como máximo nos meses de Xullo e Agosto. LOCALIZACIÓN: Arredores de Lugo ORGANIZA: Asociación ADEGA INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO: DE INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 982.240.299 • XOGOS POPULARES: DESTINATARIOS: Rapaces/as a partir de 6 ata 14 anos TEMPORALIZACIÓN: No mes de Xullo os Venres, Sábados, Domingos en horario de 11:00 a 12:30h LOCALIZACIÓN: Escola de Piragüismo As Saamasas da Deputación de Lugo ORGANIZA: Agrupación provincial de clubs de bolos INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO: DE INFORMACIÓN: 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: ZONA SUR (MONFORTE DE LEMOS) - ACTIVIDADES DEPORTIVAS • CURSO DE INICIACIÓN O PIRAGÜISMO: DESTINATARIOS: A partir dos 7 anos TEMPORALIZACIÓN: Xullo e Agosto por quincenas tres veces a semana LOCALIZACIÓN: Río Cabe en Monforte de Lemos ORGANIZA: Club Piragüismo Quixos INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN : 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 659.845.129 • CURSO DE SLALOM: DESTINATARIOS: A partir de 7 anos TEMPORALIZACIÓN: Os cursos realizaranse en Xullo e Agosto de forma quincenal tres días a semana LOCALIZACIÓN: Campo de regatas do Slalom Río Cabe en Monforte de Lemos ORGANIZA: Club Piragüismo Quixos INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN : 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 659.845.129 • CURSO DE DESCENSO DE AUGAS BRAVAS: DESTINATARIOS: Rapaces/as a partir de 13 anos TEMPORALIZACIÓN: Duración do curso Xullo e Agosto quincenalmente y tres días a semana en horario de tarde. LOCALIZACIÓN: Río Sil ORGANIZA: Club Piragüismo Quixos INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN : 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 659.845.129 • CURSO DE PORTEIRO DE FUTBOL: DESTINATARIOS: Mozos/as de 7 a 14 anos. TEMPORALIZACIÓN: Do 4 ao 8 ambos os dous inclusive en horario de tarde de 20:00 a 21:30h LOCALIZACIÓN: No campo dos Ecolapios en Monforte de Lemos ORGANIZA: Club Calasancio INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN: Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo TELÉFONO DE INFORMACIÓN : 982.260.263 / 264 TELÉFONO DE INSCRIPCIÓN: 606.315.128 2.- DOCUMENTACIÓN NECESARIA DESTINATARIOS Os destinatarios deberán presentar unha copia da cartilla da Seguridade Social. CLUBES Os clubs deberán poseer un seguro de responsabilidade civil que protexa os cursillistas A Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, quedará exenta de responsabilidade ante un accidente de calquera dos usuarios xa que os cursillistas quedarían cubertos. 3.- COSTE O prezo dos cursos será igual indistintamente que se elixa calquera deles agás o actividade de sendeirismo que será gratuíta. PREZO POR CURSO: 5 €