Deputación de Lugo

A Deputación celebra este martes unha xornada sobre estabilidade presupostaria nas Entidades Locais

Imaxe deputación de lugo
Preto de 140 traballadores de Concellos de Galicia e León asistirán á xornada

O novo Regulamento de Aplicación da Lei Xeral de Estabilidade Presupostaria ás Entidades Locais, que entrou en vigor en 2008, será analizado o vindeiro martes 13 de maio nunha xornada que organiza o Instituto Nacional de Admnistración Pública en colaboración coa Deputación de Lugo e o Instituto de Estudos Fiscais. 137 traballadores de Concellos das catro provincias galegas e de León asistirán a este encontro no Salón de Actos do Pazo provincial. A xornada está dirixida ó persoal técnico das administracións locais, especialmente ós secretarios, interventores, tesoureiros e todos os traballadores adscritos ás áreas de contabilidde. Lugo será a única localidade galega na que o INAP organice este ano unha xornada para informar sobre este Regulamento, que pretende mellorar a transparencia, o control e a estabilidade financieira dos Concellos e as Deputacións. Entre as novidades do Regulamento destaca o establemento dun obxectivo individual para cada Concello e Deputación e a creación dun mecanismo de supervisión e alerta sobre os incumprimentos do obxectivo de estabilidade presupostaria por parte das Entidades Locais. Para favorecer a transparencia, o Ministerio de Economía e Facenda facilitará anualmente información acerca dos plans económico-financieiros aprobados e do volume da débeda de cada Entidade Local. Ademais, o Regulamento establece plans de reequilibrio dos Concellos e Deputacións ós que se lles dará a mesma publicidade que ós presupostos. Programa da Xornada A inauguración da xornada será no Salón de Actos ás 9:30 horas. A continuación, a Subdirectora Xeral de Relacións Finacieiras coas Entidades Locais, Purificación Sánchez falará sobre Principios xerais. Incumprimento do obxectivo de estabilidade: Plans económico- financieiros, e ás 11:15 a mesma presposable impartirá outra conferencia baixo o título Estabilidade Presupostaria e operacións de endebedamento. Central de Información de Riscos das Entidades Locais (CIR Local) Ás 12:30 o Xefe da Área Intersectorial e Subdirector Xeral de Análise e Contas Económicas do Sector Público, Jesús Antonio Calvo López, abordará a Aplicación do Sistema Europeo de Contas Nacionais ó Sector Público Local, e xa pola tarde, ás 16:30 horas, a Subdirectora Xeral Adxunta de Análise e Estadística, María Jesús García Llorente, falará sobre Subministro de información financieira das Entidades Locais.