Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación inaugura unha xornada sobre estabilidade presupostaria nas Entidades Locais

Gómez Besteiro destaca a importancia da formación dos funcionarios para a prestación duns bos servizos ós cidadáns

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este martes no Pazo Provincial a Xornada sobre o novo Regulamento de Aplicación da Lei Xeral de Estabilidade Presupostaria ás Entidades Locais que organizan o Instituto Nacional de Admnistración Pública, a Deputación lugesa e o Instituto de Estudos Fiscais. Gómez Besteiro, que falou en castelán en deferencia á Subdirectora Xeral de Relacións Finacieiras coas Entidades Locais que participou no acto, amosou a súa satisfacción porque “de las 14 jornadas que organiza el INAP en España, la única localidad gallega elegida haya sido Lugo, lo que es todo un privilegio”. 140 traballadores das Deputacións galegas, de Concellos das catro provincias da nosa comunidade e de León participan neste encontro que está dirixidó ó persoal técnico das administracións locais, especialmente ós secretarios, interventores, tesoureiros e todos os traballadores adscritos ás áreas de contabilidde. Gómez Besteiro destacou a importancia deste tipo de xornadas porque “al final, todo lo relacionado con la formación de los funcionarios repercute positivamente en los ciudadanos. La formación es lo que dignifica el día a día de la función pública”. Con respecto ó Regulamento, que entrou en vigor en 2008. o titular provincal confía en que “algo tan importante como es el rigor y la estabilidad, como dice la propia Ley, nos beneficie a todos, ayuntamientos grandes y pequeños y Diputaciones. En definitiva, esa relación de racionalidad de equilibrio y estabilidad entre todas las administraciones es necesaria porque lo que gastamos es el dinero de todos”. Programa da Xornada Trala inauguración, a Subdirectora Xeral de Relacións Finacieiras coas Entidades Locais, Purificación Sánchez falou sobre Principios xerais. Incumprimento do obxectivo de estabilidade: Plans económico- financieiros, e a mesma presposable impartiu outra conferencia baixo o título Estabilidade Presupostaria e operacións de endebedamento. Central de Información de Riscos das Entidades Locais (CIR Local). Ás 12:30 o Xefe da Área Intersectorial e Subdirector Xeral de Análise e Contas Económicas do Sector Público, Jesús Antonio Calvo López, abordará a Aplicación do Sistema Europeo de Contas Nacionais ó Sector Público Local, e xa pola tarde, ás 16:30 horas, a Subdirectora Xeral Adxunta de Análise e Estadística, María Jesús García Llorente, falará sobre Subministro de información financieira das Entidades Locais.