Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura Ántonio Veiga entregou Premios Literarios na Biblioteca de Lugo

Un total de 16 rapaces e rapazas do distintos colexios de Lugo foron galardoados

O responsable da área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, e o Delegado da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, Xoán Xosé Molina, xunto cos membros do xurado do certame de poesía infantil sobre o nadal organizado pola biblioteca pública provincial de Lugo, entregaron esta tarde os premios aos 16 gañadores destes premios nas súas distintas categorías. O xurado deste certame estivo composto por Consuelo Meiriño sánchez, Directora da Biblioteca Pública; Aurelia Balseiro García, Técnico de actividades socioculturais da Deputación; e Xulio Xiz da Consellería de Cultura e Deporte. O acto de entrega de premios desenvolveuse ás 18:00 horas do día de hoxe no salón de actos da biblioteca pública provincial de Lugo e foi presentado polo xornalista Xulio Xiz Ramil. No acto de entrega recibiron os correspondentes agasallos: DEBUXO: CATEGORÍA A (Ata 8 anos) Alejandro Carrera Fernández. 5 anos - Colexio Maristas Nuria García Sánchez. 8 anos - Colexio Rosalia de Castro Xián Blanco Carbón. 5 anos - Colexio Illa Verde CATEGORÍA B (9 a 11 anos) Mauro Catone Fernández. 10 anos - Colexio Anexa Natalia Andrea Afonso Cabado. 11 anos - Colexio Casás María Álvarez Ruiz. 9 anos - Colexio Illa Verde CATEGORÍA C (12 a 16 anos) Andrea Buján Valín. 13 anos - Instituto Río Miño-Rábade Laura Domínguez Casanova. 12 anos - Colexio Divino Maestro Leticia Monteagudo Pérez. 12 anos. Colexio Casás NARRACIÓN CATEGORÍA A (Ata 8 anos) Carlos Rodríguez Ascariz. 8 anos - Colexio Illa Verde CATEGORÍA B (9 a 11 anos) Mauro Catone Fernández. 10 anos - Colexio Anexa Carmen Sanjosé Méndez. 11 anos - Colexio María Auxiliadora Alessandra Ghisleni Pallini. 9 anos - Colexio Illa Verde CATEGORÍA C (12 a 16 anos) Noelia Martínez Rey. 16 anos - Instituto Xoán Montes Andrea Buján Valín. 13 anos - Instituto Río Miño-Rábade Patricia Duarte Bellón. 13 anos - Colexio Xosefinas