Deputación de Lugo

A Área de Cultura da Deputación patrocinará a II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais

O concello de A Pontenova acollerá, o vindeiro sábado 30 de agosto, esta mostra na que participarán preto de 50 entidades de varias nacionalidades do estado

TREIXADURA GAITEIROS E ORFEÓN ofrecerán un concerto durante esta xornada con temas do seu último traballo “Unha semaniña enteira” A II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais foi presentada hoxe no concello de A Pontenova. Esta mostra celebrarase o vindeiro sábado 30 de agosto na parroquia de Santalla, Concello de A Pontenova entre as 11:00 e as 19:00 horas, Nesta mostra participarán asociacións que se adican á recuperación dos deportes e xogos tradicionais en Galiza, Castela–León, Asturias, Portugal e Eukadi. A xornada completarase cun concerto de Treixadura Gaiteiros e Orfeón. Asistiron á rolda de prensa: Marta Souto (Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), José Manuel Álvarez (Tenente-Alcalde de A Pontenova), Antón Veiga (Responsable da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo); Paco Veiga (Directivo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) e Carlos Bermúdez (Presidente do Club de Xogos e Deporte Populares e Tradicionais de Santalla, organizador da mostra). Antonivo Veiga sinalou que “desde a chegada ao goberno da Deputación temos entre as nosas prioridades o desenvolvemento de proxectos de dinamización e de reforma de instalacións dos deportes tradicionais”. Indicou que “a Delegación de deportes da Deputación debe ser a correa de transmisión cos concellos e co asociacionismo para contribuír ao desenvolvemento destas iniciativas”. Destacou a grande influenza que este evento vai ter para a dinamización da comarca a nivel cultural, deportivo e turístico, posto que se deprazará un grande número de participantes e visitantes de diferentes punto do país galego e de fóra. Por outra parte, Antón Veiga aproveitando a presenza da Directora Xeral para o Deporte felicitou o traballo que a súa Dirección Xeral está desenvolvemento a prol dos xogos e dos deportes tradicionais. O evento desenvólvese na vila de Santalla, en varias parcelas duns 5.000 metros cadrados, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparable semellante aos espazos utilizados antigamente para a realización destes xogos e deportes. MÁIS DE 50 ENTIDADES PARTICIPARÁN NESTA MOSTRA O obxectivo desta II edición da Mostra é consolidar as actividades do ano pasado e incorporar algunha nova como é o caso das propostas da Federación Bizkaína de Xogos e Deporte Vascos e a Exposición de 18 modalidades deportivas de Euskadi que traerá a Deputación Foral de Bizkaia. Preténdese tamén con este evento concienciar á cidadanía para que non esqueza os xogos e deportes que se practicaban antigamente, e non só iso, senón que os adultos e maiores ensinen aos nenos e nenas como se desenvolven estes xogos e deportes, que conforman o patrimonio lúdico, para que volvan a formar parte do seu tempo de lecer. Outros puntos destacados son: • Preto de 50 Asociacións e máis de 300 deportistas de toda Galicia, Portugal, Euskadi, Asturias e Castela-León acudirán ese día para exhibir os xogos que practican nas súas zonas e ensinaranlles aos asistentes a orixe destes, o seu desenvolvemento e as súas variantes. • Preto de 100 xogos e deportes tradicionais poderanse ver e practicar na pequena vila de Santalla, no concello de A Pontenova o vindeiro 30 de agosto, dende as 11:00 ás 19:00 horas. • Entre as competicións destaca o II TORNEO GALEGO INDIVIDUAL DE BOLO CELTA que atraerá xogadores/as galegos/as e asturianos/as. • Destaca o Torneo da Liga Nacional de Billarda e o Torneo da Liga Galega de Chave que atraerá xogadores/as de todas as asociacións que participan durante todo o ano na Liga Galega de Chave. • Un dos aspectos máis salientables desta mostra serán as exhibicións dos deportistas asturianos e vascos, co corte de troncos, levantamento de pedras, lanzamento de fardo, yunque, levantamento de fardo, etc.. • concerto de Treixadura Gaiteiros e Orfeón tamén será un dos momentos máis esperados da xornada. • Presenza de parte da Exposición de embarcacións tradicionais que estivo presente na Feira Marítima Internacional de Brest, na que Galiza foi país convidado de honra pola organización o pasado mes de xullo. ENTIDADES E PERSOAS PARTICIPANTES 1. Agrupación Cultural Francisco Lanza (Ribadeo). 2. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. 3. Associação de Jogos Tradicionais da Guarda (Portugal). 4. Asociación Cultural la Tanguilla (Castela-León). 5. Asociación Xogadores da Chave de Santiago de Compostela. 6. Asociación Cultural Deportiva da Chave (Ourense). 7. Asociación A Irmandade de Chave (A Coruña). 8. Asociación Cultural e Deportiva O Varal (A Mariña). 9. Asociación ARCASCO (Santa Comba de Órrea –Riotorto-). 10. Bolos da Carrasca (Nigrán). 11. Cabaleiros dos Gabeás (A Pontenova). 12. Club Amigos da Chave de Ferrolterra. 13. Club Cruceiro de Meilán (Santa Marta – Riotorto). 14. Club Bolos Camos (Nigrán). 15. Club Bolos do Ceán (Nigrán). 16. Club Bolos A Xunqueira (Gondomar). 17. Club Bolos Peitieiros (Gondomar). 18. Club Bolos San Cibrán (Gondomar). 19. Club Bolos San Vicente de Mañufe (Gondomar). 20. Club Bolos A Rega (Baiona). 21. Club Bolos Belesar Urgal (Baiona). 22. Club Bolos Mediaaldea (Baiona). 23. Club Bolos Punxeiro (Viana do Bolo). 24. Club de Bolos Ribatra (Ribadeo-Barreiros-Ribatra). 25. Club Bolos Quintela (Viana do Bolo). 26. Club Bolos San Roque (Nigrán). 27. Club Bolos Valladares (Vigo). 28. Club Bolos Xove (Xove). 29. Club de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla (A Pontenova). 30. Club de Bolos Campocruceiro (Pousada – A Pastoriza). 31. Club de Loitas Tradicionais A Cambadela (A Estrada). 32. Deputación Foral de Bizkaia (Euskadi). 33. Federación Galega de Bolos. 34. Federación Bizkaína de Xogos e Deportes Vascos (Euskadi). 35. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 36. Liga Galega de Chave. 37. Liga Nacional de Billarda 38. Peña La Panera (Cangas de Narcea – Asturias). 39. Chuchurumel. 40. Treixadura Gaiteiros e Orfeón. 41. Antón Cortizas, Xosé Manuel García e Xosé López (Exposición e obradoiro xoguetes tradicionais). ACTIVIDADES FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL 1. Exposición de embarcacións tradicionais galegas. 2. Proxección de videos da cultura marítima e fluvial. FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS e CLUBS DE BOLOS 3. Torneo Galego Individual de Bolo Celta. FEDERACIÓN BIZCAINA DE XOGOS E DEPORTES VASCOS (Exhibición e dinamización aos/ás visitantes) 4. Levantamento de pedras. 5. Lanzamento de fardo. 6. Yunque. 7. Levantamento de fardo. DEPUTACIÓN FORAL DE BIZCAIA (Exposición de “Herri Kirolak” – “Xogos e Deportes Vascos”) 18 disciplinas recoñecidas polo Goberno Vasco 8. Corte de troncos con hacha 9. Arrastre de pedra por bois. 10. Arrastre de pedra por burros. 11. Arrastre de pedra por cabalos . 12. Arrastre de pedra por persoas. 13. Barrenadores. 14. Levantamiento de piedra. 15. Recollida de mazorcas. 16. Sega. 17. Transporte de txingas 18. Sokatira 19. Corte de troncos con tronza. 20. Trasporte de cantinas 21. Levantamento de yunke 22. Xogo do carro. 23. Transporte de sacos 24. Lanzamento de fardo 25. Levantamento de fardo CLUB DE LOITAS TRADICIONAIS A CAMBADELA (A ESTRADA) 26. Loita Tradicional Galega. LIGA GALEGA DE CHAVE E CLUBS DE CHAVE 27. Torneo Galego de Chave. ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL 28. Aros. 29. Pescar a botella. 30. Birlos ao canteiro. 31. Zancos. 32. Tres en raia. 33. Mariola. 34. Ra. 35. Trompo. 36. Arrastrar a tartaruga. 37. Exposición de CARRILANAS. 38. Corda. 39. Chapas. 40. Chave de Santiago. 41. Chave de Tui. 42. Goma. 43. Bólas. 44. Tiro á lata. 45. Tirapedras 46. O xogo das olas. 47. O ovo. 48. Olas. 49. Petanca 50. Porca. 51. Estornela. 52. Roma. ASSOCIAÇÃO DE JOGOS TRADICIONAIS DA GUARDA (PORTUGAL) 53. Espeto. 54. Pedra. 55. Ferro. 56. Burro. 57. Cantarinha. 58. Prego 59. Pião 60. Piosca 61. Rapa ASOCIACIÓN CULTURAL LA TANGUILLA (CASTELA-LEÓN) 62. Calva. 63. Bolos de Villanueva de Gumiel. 64. Tanguilla. 65. Ferradura. CLUB DEPORTIVO 6 CONCEYOS (ASTURIAS) 66. Carrera de sacos. 67. Carrera de lecheres. 68. Carrera de panolles. 69. Tiru al palu. 70. Corta de troncos con hachu. 71. Corta de troncos con tronzón e castillete. 72. Corta en altura. 73. Dexabolu. 74. La Llave. 75. Tiru de cuerda. 76. Sierra de viento. 77. Lanzamiento de barra. 78. Rana. 79. Cuatreada. ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA O VARAL (A MARIÑA) 80. A Billarda ou Estornela. CLUB DE BOLOS CAMPOCRUCEIRO (Pousada – A Pastoriza) ASOCIACIÓN ARCASCO (Santa Comba de Órrea) 81. Bolos en liña (entre 6 e 9 bolos en liña separados). CLUB CRUCEIRO DE MEILÁN (Santa Marta – Riotorto) 82. Bolos de lastra ou bolos en liña (9 bolos separados). CLUB BOLOS XOVE (Xove) 83. Bolos en Raia de Xove (10 bolos xuntos incrustados na base da lastra). CLUB XOGOS E DEPORTES POPULARES E TRADICIONAIS DE SANTALLA (A Pontenova) 84. Bolos en liña (9 bolos xuntos). CLUB BOLOS RIBATRA (Ribadeo, Barreiros, Trabada) 85. Bolos en liña (10 bolos xuntos). 86. Bolos ao canteiro (9 bolos separados formando un rombo). CLUB AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA 87. Chave modalidade Ferrolterra. ASOCIACIÓN XOGADORES DA CHAVE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 88. Chave modalidade Santiaguesa. ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA DA CHAVE (OURENSE) 89. Chave modalidade Ourensana. ANTÓN CORTIZAS, XOSÉ MANUEL GARCÍA e XOSÉ LÓPEZ (Exposición de xoguetes tradicionais – 300 pezas -) 90. Xoguetes de primaveira (flautas de castiñeiro, chifre de amieiro, axouxere, grileira de xunco, etc....). 91. Xoguetes de verán (gorros de folla, gorros de recandeos, carrilanas, etc...). 92. Xoguetes de Outono (rin-ran ou ruxe-ruxe, boi de corozo de millo, bonecas de millo, etc...). 93. Xoguetes de Inverno (Zoadeiras, muiños, etc...). 94. Obradoiro de XOGUETES TRADICIONAIS (realizados con noces, ramallos de árbores autóctonas, fíos, etc....). CABALEIROS DOS GABEAS (A PONTENOVA) 95. Monta a cabalo. OUTRAS ACTIVIDADES 96. Concerto música tradicional portuguesa e de orixe celta (Chuchurumel). 97. Concerto música tradicional galega (Treixadura Gaiteiros e Orfeón). HORARIO DA XORNADA Dende as 11:00 horas ata as 20:00 horas todo o mundo que se achegue á Mostra poderá ir participando en todos os xogos e deportes. En cada un dos xogos e deportes haberá monitores/as especializados/as para explicar o desenvolvemento dos mesmos. Así mesmo, a ao longo de todo o día os Cabaleiros dos Gabeás ensinarán a todo o que desexe a montar a cabalo. As actividades máis salientables desenvolveranse nos seguintes horarios: - 11:00 ata a clausura:  Inicio Torneo Galego Individual de Bolo Celta.  Inicio Torneo de Chave.  Inicio Torneo de Billarda.  Inicio exposicións e actividades.  Participación das e dos visitantes en todas as actividades. - 12:30:  Exhibicións deportes tradicionais País Vasco, Asturias, Galicia, Castela-León e Portugal. - 15:00:  Concerto música tradicional galega (TREIXADURA GAITEIROS E ORFEÓN). - 16:30/17:00:  Exhibicións deportes tradicionais País Vasco, Asturias, Galicia, Castela-León e Portugal. - 19:30:  Entrega de trofeos, agasallos e clausura. Ao longo do día tamén haberá un concerto de música tradicional portuguesa e música de orixe celta (Grupo Chuchurumel).