Deputación de Lugo

A ÁREA DE DEPORTES DESINTA 130.000 EUROS Á CONSTRUCIÓN DE ASEOS E DUCHAS NO ANEXO AO PAZO DE DEPORTES

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, tamén, a contratación de seguridade e a instalación de sistemas de vixilancia para o Museo de Lugo e o Pavillón de Deportes

O Vicepresidente Primeiro Antón Bao, que presidiu por quinta semana consecutiva a xunta de goberno da Deputación, informou, na habitual rolda de prensa posterior, da aprobación do proxecto técnico e do gasto de contratación das obras de reforma e construción dos vestiarios e aseos do paciño anexo ao Pazo Provincial de Deportes. Estas obras terán un orzamento total de 130.000 euros. Os novos aseos e vestiarios construiranse nunha zona do Pazo de Deportes, pegada ao paciño, que anteriormente estaba destinada a almacén. A nova edificación contempla a construción de unha entreplanta que continuará prestando as funcións de almacén e a planta baixa acondicionarase para a zona de aseos e vestiarios. O almacén da entreplanta terá un espazo aproximado de 100 m2 e a planta baixa dividirase en 2 zonas de aseos (34,30 m2), 2 zonas de duchas (45 m2) e 1 local para árbitros (17,50 m2). Os vestiarios non se puideron facer no propio paciño xa que o anterior goberno da Deputación superará, nesta obra, o volume de edificabilidade permitido e isto obrigou a buscar unha alternativa construtiva para solucionar o problema do xeito máis acaído. Bao, que calificou estas obras como necesarias, sinalou que “con esta obra tratamos de mellorar unhas instalacións que cumpren unha función fundamental na cidade de Lugo para a promoción do deporte de base”. Coa construción destas instalacións mellorarase considerablemente a calidade das instalacións de cara aos usuarios que neste momento carecían de elementos tan básicos, nunha instalación deportiva, como aseos e duchas. Bao sinalou que tras a instalación o pasado ano de un sistema de calefacción no paciño “continuamos tratando de atender as demandas dos usuarios destas instalacións e de mellorar un espazo que en é utilizado por un gran número de nenos e nenas que merecen o máis digno dos espazos para iniciarse na práctica do deporte”. SEGURIDADE NOS CENTROS DEPENDENTES DA VICEPRESIDENCIA O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, tamén da aprobación da adxudicación provisional do contrato do servizo de vixilancia e control de dos edificios da Deputación dependentes da Área de Cultura e Deporte. A contratación deste servizo realizase conxuntamente para todas as dependencias da Deputación. Como novidade Bao destacou a instalación no museo de Lugo de 30 cámaras que velarán pola seguridade deste edificio e das valiosas obras de arte instaladas en estas dependencias, así mesmo, instalaranse cámaras no Pazo de Deportes. O Pazo de Deportes contará, como ata agora, con cinco vixiantes mentres que o museo incrementará a súa dotación de persoal de vixilancia en tres persoas, pasando de cinco a oito vixiantes. Esta incorporación servirá para reforzar a seguridade no horario de visitas. A maiores, instalarase un arco detector de metais na entrada do edificio.