Deputación de Lugo

Anuncio en relación coa proba selectiva para a selección de persoal laboral na categoría de ordenanza

Imaxe deputación de lugo
Anuncio en relación coa proba selectiva para a selección de persoal laboral na categoría de ordenanza

En relación coa celebración da proba selectiva para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de Ordenanzas, que terá lugar no Edificio da Fundación Feiras e Exposicións o vindeiro día 6 de xuño de 2008, ás 11:30 horas, comunícase que, debido a que no devandito Edificio se celebrará unha actuación na mesma data, o acceso o Edificio deberase efectuar pola pasarela situada da parte superior, xa que o acceso inferior estará cortado.