Deputación de Lugo

A Deputación axiliza a posta en marcha do Fondo Extraordinario coa aprobación pola vía de urxencia do convenio tipo que se asinará os Concellos

A Xunta de Goberno aprobou as obras de acondicionamento interior do Pavillón nº3 do antigo Fogar de Santa María que alberga a Área de Infraestruturas

A Xunta de Goberno deste venres aprobou, pola vía de urxencia, o covenio-tipo que regulará as subvencións do Fondo Extraordinario e complementario ó Fondo Estatal de Investimento Local. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, sinalou que a Deputación está a dar a máxima axilidade a todo o proceso “xa que os prazos previstos no Fondo do Estado son moi axustados e non queremos que os Concellos perdan nin un só euro”. Desde que, hai tan só unha semana, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou esta iniciativa ós Alcaldes e Alcaldesas da provincia, xa se mantiveron encontros “cos empresarios, que serán os encargados de licitar as proxectos”, e hoxe quedou aprobado o convenio-tipo que deberán asinar cada un dos Concellos que se sumen a este inicitiva da Deputación. Antonio Gato destacou que este Fondo Extraordinario, dotado con preto de 1,5 millóns de euros, “facilitará o cumprimento das obrigas establecidas polo Goberno central, como a redacción dos proxectos técnicos”. O Deputado sinalou que “esta iniciativa do organismo provincial obedece á filosofía desta Deputación de Cooperar cos Concellos. Estou seguro de que todos os municipios da provincia asinarán o convenio-tipo que hoxe aprobamos, xa que ningún queda excluído, a non ser que sexa de forma volutanria”. Acondicionamento Pavillón nº3 O goberno provincial tamén acordou contratar as obras de adecuación do interior do Pavillón nº 3 do Fogar de Santa María para a Área de Infraestruturas, ó que se destina 85.590 euros. Gato Soengas sinalou que “son traballos no interior do recinto relacionados coa distribución de espazos co obxectivo de que o inmoble sexa máis funcional”. O voceiro socialista lembrou que “o actual equipo de goberno acometeu unha reestructuración das dependencias provinciais co obxectivo de mellorar a atención ós cidadáns e as condicións de traballo dos funcionarios e de facilitar uns locais ós grupos políticos. Esta redistribución incluíu o traslado do servizo de Infraestruturas, que antes estaba no Pazo de San Marcos, ó pavillón nº3 do antigo Fogar de Santa María. Agora é necesario adaptar estas instalacións ás necesidades dos empregados e do traballo que desenvolven”. Por outra banda, este venres aprobáronse 17 contas xustificativas correspondentes ós Plans de Cooperación coas Comunidades Veciñais dos anos 2006 e 2007. Os proxectos suman un presuposto total de 192.259 euros, dos que a Deputación achega 120.297. Corresponden ós Concellos de Barreiros, Cervantes, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Folgoso do Courel, Guitiriz, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Pol e A Pontenova.