Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO PROGRAMA DOUS CURSOS DE GALEGO

Imaxe deputación de lugo
Os cursos irán destinados á integración lingüística de inmigrantes e un deles terá como destinataria á poboación reclusa dos cárceres de Bonxe e Monterroso

O ILEA (Instituto Lucense de Expresión e Arte), dependente da Deputación de Lugo, porá este ano en marcha dous cursos que teñen por obxectivo a integración lingüística de persoas que, pola súa orixe, precisan de apoio para acadar o coñecemento necesario do galego. Este ano realizaranse dous cursos, o primeiro deles irá dirixido a inmigrantes residentes en Galicia e o outro, terá como destinatarios aos membros da poboación reclusa dos cárceres de Bonxe e Monterroso. CURSO I: “Integración lingüística dos inmigrantes na Comunidade Galega”.- III EDICIÓN. Curso de formación para inmigrantes destinado á aprendizaxe do idioma galego. CURSO II: “Integración lingüística dos reclusos na provincia de Lugo”.- I EDICIÓN. Curso de formación para reclusos destinado á aprendizaxe do idioma galego OBXECTIVOS:  Acadar un bo nivel de dominio da lingua, tanto na súa versión oral como escrita.  Coñecemento da lingua e cultura galegas.  Conseguir a súa inserción laboral como medio imprescindible para a súa integración na sociedade galega.  Facilitar a integración e formación en segundas linguas a inmigrantes que residen en Galiza. DESENVOLVEMENTO DO CURSO: 1. FASE TEÓRICO – PRÁCTICA e FASE MULTIMEDIA - HORAS LECTIVAS: 30 TAXA DA MATRÍCULA: GRATUÍTO LUGAR (CURSO I): SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. LUGAR (CURSO II): • Centro Penitenciario de Bonxe • Centro Penitenciario de Monterroso DIPLOMAS: EXPEDICIÓN DE DIPLOMA ACREDITATIVO DE ASISTENCIA. INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: ILEA INSTITUTO LUCENSE DE EXPRESIÓN E ARTE DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SAN MARCOS, 8.- 27001.- LUGO TFNOS.: 982 26 01 46 - 982 26 01 47 e-mail: ilea@deputacionlugo.org