Deputación de Lugo

Preto de 500 persoas participaron na modalidade Xtreme de Km0

Imaxe deputación de lugo
Un grupo de soliciantes individuais realizará a ruta “Multiaventura”, que inclúe actividades de canoa, tiro con arco e rastreos

É, xunto coa de helicóptero, unha das opcións máis demandadas desta modalidade, que permite redescubrir a provincia a través do deporte e da actividade física Preto de 300 persoas participan esta semana nas 6 rutas do programa medioambiental Preto de 500 persoas participaron na modalidade Xtreme de Km0 dende que se inaugurou esta iniciativa en setembro de 2009. Destas, 288 elexiron a ruta de helicóptero, 46 a de Cabalo, 48 Tirolina e, o resto, decantáronse por: Vertical –ou escalada-, Móllate -vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico-, e Multiaventura. Precisamente, este mércores un grupo de solicitantes individuais realizará as actividades de tiro con arco, canoas e rastreos, incluídas na última ruta. A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Federación Provincial Amas de Casa “Avantar” de Lugo e a outro do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, dentro de Km0. En total, 265 persoas participarán esta semana nas seis rutas organizadas polo organismo provincial, e que se inclúen dentro do programa da Deputación. Os veciños de Lugo elexiron como destino da súa ruta O Courel, onde visitaron os Castros de Vilar e da Torre, así como a aldea de Seceda. Polo que respecta ós do centro educativo de Triacastela, coñeceron a área recreativa de Pena de Rodas e o Museo de Victor Corral. Completaron o itinerario cun paso polo casco histórico lugués. O mércores, ademais dos solicitantes individuais que farán a ruta Multiaventura, membros da Asociación de Veciños “Parroquia Arroxo” de Sober viaxarán ata a Mariña. Nesta zona da provincia percorrerán as praias de Area, Muinelo e Portonovo. Asimesmo, coñecerán os cantís do cabo Morás e camiñarán a pé dende Vilachá ata Punta Roncadoira. O xoves, alumnos do IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) desprazaranse ata Ribadeo, onde visitarán o Centro de Cultivos Mariños, o mosteiro da Clarisas e o casco histórico. Tamén farán un paseo pola ría. Pola súa banda, integrantes do colectivo “Motoclube O Cote” de Monterroso viaxarán ata o Concello de Cervantes. A ruta incluirá unha visita ó Castro de Couso, ó Castelo de Doiras e ó Pazo de Quindós.