Deputación de Lugo

Unha exposición do grupo Bacabú entre as actividades
do Museo no seu 75º Aniversario

A exposición do Grupo Bacabú foi inaugurada polo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao inagurou hoxe a mostra do Grupo Bacabú. Bao destacou “ o papel que xogaron estas 5 figuras no panorama artístico lucense nun momento no que os eventos culturais relacionados coa plástica na propia cidade eran escasos”. Antón Bao salientou, tamén, a traxectoria deste Grupo intimamente ligado á cidade das murallas que foi o lugar onde medrou a inspiración destes artistas e se xestou o seu traballo. Esta mostra pretende dar unha visión da traxectoria de conxunto do Grupo desde a súa fundación como tal, até a evolución que sufriron os propios compoñentes despois do seu paso por Bacabú. Os nomes de Santiago Catalán, Quique Bordell, Espiral, Refojo e Honorio son nomes propios que invadiron a cidade de Lugo aló pola década dos 90 cando Lugo era un espazo ermo a nivel de exposicións e eventos culturais relacionados coa plástica. A sala Bacabú e o propio grupo foron un enxamio de abellas demostrando que a creación é un ente vivo que está en continúo movemento de aí a evolución que sufriron as obras dos compoñentes do Grupo. A mostra está composta por 40 cadros de Santiago Catalán, Quique Bordell, Espiral e Refojo e esculturas e un cadro de Honorio. No primeiro espazo exporanse en urnas e paredes o que foi a traxectoria do grupo como galería libre de intermediarios comerciais na que se fixeron en dous anos case 200 exposicións. Neste espazo amósase o espírito polo que foi fundado o grupo. Nas urnas exporanse as edicións da obra gráfica dos anos seguintes. No resto dos espazos colgaranse arredor de corenta cadros e unhas oito esculturas dos compoñentes do grupo. Esta evolución é a que marca a presente exposición, verase desta forma que a creación é un ente vivo que está en continúa muda. A súa vida en común foi curta, pero intensa, non hai que esquencer que o proxecto que uniu a estes artista durou arredor de tres anos pero que estes anos foron moi ricos a nivel de produción e de calidade polas obras que levaron a cabo estes artistas.