Deputación de Lugo

Antón Bao participou nun acto de Irmandade entre o Xornalismo e a Cultura

O diario El Progreso e a Asociación da Prensa celebraron co Museo de Lugo os seus respectivos aniversarios

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou hoxe no acto de irmanamento entre o diario El Progreso, o Museo Provincial de Lugo e a Asociación da Prensa de Lugo. Este acto de irmandade celebrado no Museo de Lugo ten por obxecto celebrar e rendir unha homenaxe á traxectoria destas tres institucións, que cumpren respectivamente, 100, 75 e 60 anos de vida. A iniciativa partiu da Asociación da Prensa de Lugo nun intento por unir ao xornal El Progreso co Museo de Lugo, nun ano especialmente significativo para ambos. Tamén se quixo destacar con este acto, por un lado, a implicación que El Progreso tivo sempre coa cultura e en especial coa cultura e os artistas lucenses, e, por outro, a aposta que o Museo Provincial fixo ao longo da súa vida, e sobre todo nos últimos anos, por recoller todas as formas de comunicación artística, por abrirse ao publico e á sociedade en xeral, e, en definitiva, por apostar pola pluraridade, tan importante para a comunicación e o xornalismo. No acto de participaron Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso; o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao; e o presidente da Asociación da Prensa de Lugo, Xoán Carlos Vidal. PREMIO XORNALÍSTICO No tanscurso do acto presentouse o Premio de Xornalismo Museo de Lugo, nacido da colaboración entre o Museo Provincial e a Asociación da Prensa de Lugo. Trátase dun galardón que nace co obxectivo de recoñecer artigos ou traballos xornalísticos relacionados coa vida cultural lucense ou co propio Museo de Lugo. Este premio xurde cunha clara vocación continuísta e contará coa colaboración económica de entidades financieiras así como coa implicación de xornalistas integrados na Asociación da Prensa de Lugo, quenes exercerán como xurado para elixir ós gañadores. En breve abrirase o prazo de presentación de traballos, previa publicación das bases, para fallar o premio no primeiro trimestre do próximo ano e coincidindo coa celebración do 75 aniversario do Museo Provincial de Lugo.