Deputación de Lugo

O RESONSABLE DA ÁREA DE DEPORTE DA DEPUTACIÓN VISITOU OS CAMPIONATOS DE FUTBOL PRAIA QUE SE ESTÁN A DISPUTAR NA PRAIA DO TORNO DE SAN CIBRAO

Esta actividade de futbol praia foi organizada, pola Área de Deporte da Deputación, nos concellos de Xove, Burela, Barreiros e Cervo

Máis de cen xogadores e catorce equipos participaron nestes torneos de praia O responsable da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, fixo unha visita aos campionatos de fútbol-praia que se desenvolven estes días en catro concellos de A Mariña. Estes campionatos están promovidos pola área de Cultura e Deporte da Deputación e organizados polo Clube Deportivo Burela Futbol Sala. Esta actividade de fútbol-praia é unha máis das incluidas no programa de ACTIVIDADES DE VERÁN en distintos concellos da Comarca da Mariña. Os campionatos de futbol praia plantexáronse nos areais de Lago (Xove), Portelo (Burela), Coto (Barreiros) e O Torno en San Cibrao (Cervo). O calendario desta actividade péchase coas competicións que se están a celebrar na praia de O Torno en San Cibrao os días 25, 27 e 28 de agosto. Antonio Veiga valorou moi positivamente a posta en marcha desta actividade que complementa a oferta lúdica e deportiva dos concellos de a Mariña. Veiga fixo referencia á colaboración dos clubes deportivos que se encargaron da organización das actividades deportivas deste verán en colaboración coa Área de Deportes da Deputacións este é o xeito que plantexamos, cando o BNG chegou ao goberno da Deputación, para que os cartos que dos veciños e das veciñas de Lugo, que reciben os clubes da provincia en forma de subvención, revertan na sociedade. MÁIS DE CEN XOGADORES PARTICIPARON NESTA ACTIVIDADE Un total de 14 equipos foron os inscritos nestas competicións de praia organizadas polo Clube Deportivo Burela Fútbol Sala e impulsadas pola Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo que dirixe o nacionalista Antonio Veiga. A actividade foi dirixida, nos areais, por catro responsables do C.D. Burela Fútbol Sala que foron os encargados de organizar as competicións e poñer os medios necesarios para o correcto desenvolvemento das mesmas. Unha vez inscritos os equipos participantes, que se compoñen dun número aproximado a oito xogadores, organizábase a competición en dous grupos no que compiten, todos contra todos, en partidos de dous tempos de doce minutos. Os dous primeiros equipos clasificados de cada grupo xogaban as semifinais e a final na que se decide a clasificación final de cada torneo. Os compoñentes dos equipos finalistas recibiron un pequeno agasallo da Área de Deportes da Deputación. Os equipos participantes foron os seguintes: Soccer Legends, Os de Sempre, Buggy-Buggy Team, Os Pelochos, Os Felices, Racing Avellaneda, Las Torretas del Toro, Furacocas, Naranxa Mecánica, Xove, Os Felices, Buggy-Buggy Team, Os Vagos e Buscalíos Villa.