Deputación de Lugo

Antón Bao, como presidente en funcións da Deputación, participou na presentación do VI Open de Pesca Presidente da Xunta de Galiza

Este campionato de pesca infantil e xuvenil celebrarase no concello de Guitiriz entre os días 12 e 14 de setembro

Antón Bao, como presidente en funcións da Deputación, participou hoxe na presentación do VI Open de Pesca Presidente da Xunta de Galicia. Ademais do vicepresidente primeiro estiveron presentes o Xefe de Servizo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia, Antonio Piedra Cova, a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e o representante do Comité Organizador co campionato, Florentino Uriarte. O presidente, en funcións da Deputación destacou a importancia da colaboración entre institucións para a promoción do deporte de base e para educar aos máis novos no respecto e no coidado pola natureza. Ademais Antón Bao felicitou aos organizadores pola organización do evento e pola continuidade que está a ter durante estes seis anos. Bao brindou os medios dos que dispón a Deputación de Lugo para colaborar neste tipo de acontecementos deportivos. Antón Bao sinalou que “este tipo de competicións, ademais da promoción do deporte base, cumpren diversos obxectivos educativos para os máis novos como o coñecemento da xeografía galega e a aprendizaxe e o respecto polo medio natural”. O Open de Pesca Presidente da Xunta de Galicia nace como fruto do convenio asinado entre a Federación Galega de Pesca e a Consellería de Medio Ambiente e ten como principal obxectivo iniciar aos nenos e nenas galegas no mundo da pesca. Este campionato, que chega á súa sexta edición, comenzou a súa andaina hai seis anos en A Pontenova e, en anos posteriores, celebrouse en Vilalba e Carballiño(Ourense). Nesta sexta edición o Open de Pesca Presidente da Xunta de Galicia chega ao concello de Guitiriz e celebrarase no río Parga e nos seus afluentes. O campionato disputarase nas categorías infantil e xuvenil entre o venres 12 e o domingo 14 deste mes de setembro. O venres, día 12, recibirase aos partincipantes e durante toda a xornada do sábado e Domingo pola mañá, na comida entrega de trofeos. A importancia deste tipo de probas queda reflectida no éxito que moitos dos cativos e cativas que se iniciaron na pesca a través desta competición están participando na alta competición da Copa do mundo de “Cola de rata”.