Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN INFORMOU DA APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA POR INTERNET PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS NA UNED

Imaxe deputación de lugo

O día 1 de setembro comeza o prazo para realizar a matrícula a través de Internet para quen desexen realizar estudos nalgunha das carreiras que o Centro Asociado de Lugo oferta para o curso 2008-09, así como para o Curso de Acceso Directo para maiores de 25 anos (cuxa realización non require de estudos previos). Aínda que o período de matrícula para quen desexen realizar a solicitude a través dos impresos que se proporcionan no Centro non comeza ata o día 15 de setembro, o persoal do Centro proporcionará asesoramento para realizala por Internet desde o día 2 de setembro na Secretaría do Centro Asociado, sita en C/ Cantigas e Frores, Nº 31. Tfno. 982 280202. TITULACIÓNS DA UNED A Impartir NO CENTRO ASOCIADO DE LUGO Acceso maiores de 25 anos Administración e Dirección de Empresas Antropoloxía Social e Cultural Ciencias Fisicas Ciencias Matemáticas Ciencias Políticas Ciencias Químicas Dereito Dereito (Plan en Extinción) Diplomatura en CC. Empresariais Economía Educación Social Filosofía Filosofía (Plan en Extinción) Xeografía e Historia (Plan en Extinción) Historia Enxeñería Industrial Enxeñería Informática Enxeñería Téc. en Informática de Xestión Enxeñería Téc. en Informática de Sistemas Enxeñería Téc. Industrial (Electrónica Industrial) Enxeñería Téc. Industrial (Mecánica) Enxeñería Téc. Industrial. Especialidade en Electricidade Pedagoxía Psicoloxía Psicoloxía (Plan en Extinción) Psicopedagoxía Sociología Traballo Social Turismo