Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, a través do INLUDES, é a primeira de España en promover un programa de sucesión de empresas familiares

Gómez Besteiro sinalou que “o gran reto das empresas familiares é superar con éxito o relevo xeracional”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o presidente da Fundación Crea, Nicolás Henríquez, asinaron este martes un convenio de colaboración para levar a cabo na provincia de Lugo un programa de sucesión de empresas. A través do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico Lucese (INLUDES), a de Lugo é a primeira Deputación de España que acomete un programa destas características. No acto de sinatura tamén participaron a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Vicepresidente da Fundación, Javier Collado. Gómez Besteiro afirmou que “o gran reto das empresas familiares é superar con éxito o relevo xeracional, e co convenio que acabamos de asinar o que pretendemos é ofrecer ás empresas familiares a posibilidade de afianzarse a través dun tratamento integral dos problemas xurídicos, empresariais e familiares que se presentan no momento de abordar a sucesión”. Pola súa banda, o presidente da Fundación Crea dixo que “damos un salto cualitativo porque habitualmente hay miles de cursos para emprendores pero nos olvidamos de las empresas que ya están funcionando. Es bueno crear empresas, pero también hay que tener en cuenta a las que ya existen para conservar esos puestos de trabajo”. O máximo responsable provincial destacou o importante papel económico que desenvolven as 24.600 pequenas e medianas empresas que hai en Lugo “das que arredor dun 30 % son familiares, e apenas un 15 % pasa a unha terceira xeración. É nese cambio xeracional cando se detecta que se van producindo baixas, e en moitos casos é por un escaso ou nulo asesoramento “ Tratamento individualizado O programa terá unha duración de dous meses e medio, en el poderán participar dez empresas que serán seleccionadas tendo en conta as posibilidades de sucesión. “Esta iniciativa concíbese como un conxunto de actividades levadas a cabo polo empresario actual e o seu sucesor, coa orientación do equipo de consultores do programa que son os mellores expertos na materia e que, sen lugar a dúbidas poden analizar de xeito obxectivo cales son os seus problemas”, apuntou Gómez Besteiro. Haberá sesións conxuntas para abordar os problemas comúns e promoverase o intercambio de experiencias entre as propias empresas. Pero o titular da Deputación destacou especialmente que a iniciativa “contempla un tratamento individualizado, xa que a situación de cada unha delas é diferente. Os enfoques serán eminentemente prácticos, e darase apoio ós participantes para a elaboración do Protocolo Familiar e do Plan Estratéxico, dous proxectos imprescindibles para materializar os acordos, compromisos e obxectivos da realción entre a familia e a empresa.”. Un equipo de consultores (expertos en marketing, finanzas, asuntos xurídicos etc.) desprazarase á provincia de Lugo para traballar individulamente con cada empresa. “O Protocolo Familiar hay que hacerlo porque es como el testamento, donde se sientan las bases de lo que va a ocurrir después. Y hay que elaborarlo sin esperar a que hayan surgido los problemas para la sucesión. Es necesario adelantarse”, dixo Nicolás Henríquez, quen tamén sinalou que “es importante introducir en la empresa al posible sucesor y que conozca su situación”. O Vicepresidente da Fundación, Javier Collado dixo que “al final todos los participantes tendrán sus planes de sucesión y de mejora. Y además seguiremos en contacto con cada uno de ellos para ver qué tal les ha ido, si hay que mejorar alguna cosa”. Apoio do INLUDES ás Pemes Pola sua banda, a Vicepresidenta Segunda da Deputación e responsable do INLUDES, Lara Méndez, sinalou que “unha das funcións do Instituto é o apoio ás Pemes que son as xeran a maior porcentaxe do Produto Interior Bruto da nosa provincia. Por iso, hai que mimalas e desenvolver políticas de actuación baseadas na formación e información para aqueles empresarios que estean dispostos a continuar coa actividade en segundas ou terceiras xeracións”. Ademais, Lara Méndez, lembrou que “o INLUDES foi ata o de agora un gran descoñecido, e queremos abrilo á sociedade. Como o seu nome indica, Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, deber ser un instrumento de apoio para o progreso da nosa provincia. A aposta que fai a Deputación polo papel que pode desempeñar o INLUDES demóstrase co incremento do 54 % nos orzamentos deste ano con respecto ó anterior”.