Deputación de Lugo

O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA, ANTONIO VEIGA, PRESENTOUEN LOURENZÁ A LENDA DO CONDE SANTO

Os vindeiros días 29 e 30 de agosto celebraranse diversos actos enmarcados nunha festa de carácter histórico para lembrar a figura de Osorio Gutierrez (O Conde Santo)

O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou xunto co alcalde de Lourenza, Vidal Martinez-Sierra López, o xerente da Fundación Comarcal da Mariña Central, Manuel Valín Valdés, e a concelleira de cultura de Lourenzá, Guadalupe López Seivane, na presentación da festa de caracer histórico que se celebrará os vindeiros 29 e 30 de agosto nas inmediacións do mosteiro de Lourenzá. Esta festa que lembra a figura do patrón de Lourenzá o Conde –Sando, Osorio González, ten como obxectivo a posta en valor desta figura histórica tan representativa dentro da comarca e do que foi o antigo reino de Galiza. Ademais de lembrar a figura do Conde – Santo a celbración centrarase no claustro do mosteiro de Lourenzá para potenciar o coñecemento desta xoia do noso patrimonio histórico-artístico. As actividades, presentadas hoxe, ambientaranse no século X e contarán co presenza de artesáns, animación de rúa, representacións teatrais, exposicións de pintura, conferencias, contacontos, degustación de produtos e unha cea medieval. As actividades comenzarán o venres, 29 de agosto, coa apertura, ás seis da tarde, dos claustros do mosteiro e rematarán o sábado, 30 de agosto, cunha cea medieval e coa recreación da escea da vida do Conde-Santo O Paxaro. Dentro das actividades coidaronse especialmente a programación de actividades destinadas aos máis pequenos xa que eles son futuro e é fundamental transmitirlles a nosa historia. Antonio Veiga destacou a importancia de poñer en valor as persoaxes históricas que, de algún xeito, definiron a nosa identidade como pobo. A organización desta festa permite, ademais de profundizar no coñecemento da lenda do Conde-Santo, unha popularización desta personaxe que forma parte da história de Galiza. Segundo Veiga para a Área de Cultura da Deputación son prioritarias todas aquelas propostas que vaian encamiñadas á recuperación da nosa historia e que poñan en valor o noso patrimonio material e inmaterial. PROGRAMA DE ACTOS VENRES Apertura Claustros con artesáns – demostracións e venda de productos artesanais (ferreiros, zoqueiros, ceramistas, …) venta de productos típicos Exposición Pintura Vida e Miragres do Conde Santo a cargo do pintor Eduardo Baamonde Conferencia Osorio Gutiérrez. Conde e Santo de Lourenzá a cargo de D. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Director do Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento Animación de rúa (música, malabares,maxia, bufóns,…) Obradoiro de construcción de títeres Contacontos coa recreación da Lenda O Miragre do Sartego SÁBADO Apertura Claustros con artesáns Obradoiro Construcción Mosaico Figura Conde Santo Animación de rúa ao longo de toda a xornada (música, malabares, maxia, bufóns, zancudos, teatro,…) Apertura do Sepulcro do Conde Santo ao rematar a ceremonia relixiosa Pasarrúas Cocos e Cabezudos CEA de ÉPOCA no claustro do Mosteiro San Salvador animación (teatro, música,…)na que todos aqueles interesados poderán degustar o seguinte menú: Bola de liscos, peixe e carne Caldo de verduras Asado con Cachelos Doces Medievais Café e Queimada Viño do Conde Tinto Auga da Fervedoira Prezo: 20 euros * Os nenos menores de 10 anos que veñan acompañados dun adulto terán de forma gratuita un servizo de ludoteca e unha cea infantil incluida no prezo da tarxeta. Os tickets poderán retirarse anticipadamente nas oficinas do Concello e durante os días da recreación no Mosteiro San Salvador Recreación da lenda O Paxaro a cargo da compañía teatral OS QUINQUILLÁNS que porá fin á edición deste ano