Deputación de Lugo

Gómez Besteiro reafirma o compromiso de colaboración coa Asociación Abuelas Plaza de Mayo

A Deputación estreita lazos coa Asociación arxentina que xa atopou a 95 nenos dos 500 que foron secuestrados na ditadura arxentina

Desde a visita realizada polo responsable provincial a Sudamérica as Abuelas de Plaza de Mayo atoparon outros tres netos O responsable provincial recibiu a Estela Barnes de Carlotto, Presidenta da Asociación nominada este ano ó Premio Nobel da Paz O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este luns unha xuntanza coa Presidenta da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo de Arxentina, Estela Barnes de Carlotto, na que reafirmaron o compromiso manifestado polo máximo mandatario provincial no mes de setembro durante a viaxe realizada a Sudamérica de colaborar coa Asociación arxentina para atopar a 500 nenos que foron secuestrados na ditadura arxentina. A Presidenta das Abuelas de Plaza de Mayo está a realizar unha viaxe por toda España. No día de hoxe fixo un oco na súa axenda para visitar a Deputación de Lugo. Esta circunstancia non pasou desapercibida para Gómez Besteiro quen afirmou: “era lo que queríamos cuando estuvimos en septiembre en Buenos Aires. Tenemos una amistad sólida y forjada para el futuro. Nuestra colaboración va estar ahí, ya que el trabajo que hacen las Abuelas necesita el respaldo institucional. El de la Diputación lo tiene”. Dos 500 desaparecidos, o 40% son de orixe española e, deles, a maioría son galegos. Abuelas de Plaza de Mayo é unha Asociación que está integrada por nais e avoas que sofriron a ditadura militar que usurpou o poder desde 1976 ata 1983, o que trouxo como consecuencia a desaparición forzada de persoas que eran opositores ós proxectos do réxime e, por tanto, inimigos. “Lo que fue inédito es que esta dictadura secuestró niños como un plan sistemático de robo de bebés. Algunos ya nacidos los separaban de sus papás y les daban un destino. La gran mayoría de los nietos que estamos buscando han nacido en los campos de concentración después de que se llevasen a nuestras hijas embarazadas para arrebatarles el hijo y a ella le esperaba la muerte. Lo digo con conocimiento de causa porque en mi caso particular, mi hija mayor que era estudiante universitaria, partícipe de grupos opositores a la dictadura, fue secuestrada embarazada y su hijo nació en un campo de concentración y no lo he encontrado. Se lo robaron a las pocas horas y dos meses después ella fue asesinada, pero tuve el privilegio de que me entregasen su cuerpo”. Dos 500 bebés roubados atopáronse 95 e desde que o Presidente provincial visitou Arxentina o número aumentou en tres máis. Estela Barnes recoñeceu que o país sudamericano “aún tiene miedos. Estamos viajando mucho porque hay que compartir esta experiencia para advertir a la sociedad y nadie está libre de que le pase. Tenemos 25 años de gobiernos constitucionales, el período más largo de nuestra historia. Existe colaboración de los últimos 2 gobiernos para todo lo relativo a derechos humanos y terminar con la impunidad. Estamos condenando a todos los genocidas. Con esta visita a la Diputación tendemos redes para futuros proyectos”. O máximo mandatario provincial convidara a Estela Barnes a visitar a nosa provincia na viaxe realizada a Sudamérica no mes de setembro. A Deputación de Lugo convértese na primeira institución galega que coopera coas Abuelas de Plaza de Mayo, nominadas este ano ó Premio Nobel da Paz. Recepción Oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu á Presidenta da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo, Estela Barnes de Carlotto, no seu Despacho. Durante a reunión o máximo mandatario provincial fíxolle entrega dunha reproducción en miniatura dunha cítara de prata, instrumento de corda de orixe medieval elaborado polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño e que figura no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.