Deputación de Lugo

A ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN DE LUGO COLABORARÁ
COA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Imaxe deputación de lugo
O vicepresidente primeiro, Antón Bao, recibiu ao presidente da Federación Galega e aos representantes da Delegación da Federación en Lugo

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, reuniuse co presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, e con representantes da Delegación en Lugo da Federación Galega de Balonmán para establecer un acordo de colaboración que permita relanzar a actividade entorno a este deporte nas comarcas de Lugo. Por parte da Delegación lucense da Federación Galega estivo presente o delegado Luis Corujo Díaz. Este convenio de colaboración iniciase tras a recente renovación dos responsables da Delegación lucense da Federación Galega de Balonmán. A Área de Deportes da Deputación apoiará a posta en marcha de escolas de balonmán nos distintos concellos de Lugo a través de un convenio coa Federación Galega. Para este fin a Deputación destinará, neste primeiro ano do proxecto, un total de 5.000 euros destinados á contratación de monitores que se farán cargo da formación deportiva dos rapaces e rapazas que se acheguen ás escolas municipais deportivas que contemplen a especialidade do balonmán.