Deputación de Lugo

A Deputación co-financiará a educación dos nenos lucenses sen recursos do único colexio galego no estranxeiro

O Presidente anunciou que a Deputación destinará 20.000 euros para que os pequenos sen recursos non teñan que interrumpir a súa formación.

O Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires é o único centro educativo galego fóra de Galicia e está atravesando dificultades económicas. A primeira xornada na Arxentina concluiu cunha xuntanza económica coa Asociación de Empresarios Galegos e co alcalde de Vicente López, o municipio onde viven máis lucenses na área do Gran Bos Aires. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que a Deputación de Lugo co-financiará con 20.000 euros a formación dos nenos lucenses sen recursos económicos que estudan no único colexio galego no estranxeiro: o Santiago Apóstolo. Coa Deputacion, colaborarán a través dun convenio a Xunta de Galicia –coa Secretaría Xeral de Emigración, a Consellería de Cultura e a Fundación Galicia-América-, así como a Deputación da Coruña. A aposta pola colaboración educativa máis a institucional co municipio arxentino de Vicente López –onde residen 5.000 galegos- marcou a primeira xornada do Presidente na Arxentina. “Este convenio marca o cambio de rumbo da Deputación de Lugo con respecto á cooperación exterior dirixida á emigración lucense. Durante este curso lectivo, imos becar ós pequenos que non teñen recursos económicos para que podan seguir o seu ciclo educativo e formativo”, avanzou o Presidente. Gómez Besteiro mantivo un longo encontro cos estudantes do Colexio Santiago Apóstol, no que o 70% son galegos, para explicarlles cómo podían participar nos proxectos da Deputacion de Lugo. Máis de cen rapaces, reunidos no salón de actos, amosaron grande interese e someteron ó Presidente a unha intensa quenda de preguntas sobre a provincia de Lugo. Entre xogos e didáctica, o Presidente fíxolles partícipes “da aposta polo medio ambiente a as novas tecnoloxías que está a facer a Deputación”. E, para afondar no uso tecnolóxico, entregoulles a cada un dos presentes unha memoria dixital de carácter educativo sobre a provincia de Lugo. Este colexio trilingüe ten 500 alumnos e é o único, fóra de Galicia, que ensina literatura e lingua galega. Ten a mesma carga lectiva que calquera centro da nosa comunidade e está coordinado coa Xunta de Galicia. O centro está a desenvolver un traballo exemplar pero con moitas dificultades. De feito, na actualidade ata ten pequenos de orixe asiático e europeo aprendendo galego. O concello con máis lucenses Ademais do colexio, o Presidente e o Deputado Melchor Roel percorreron as restantes instalacións do Centro Galicia de Bos Aires, creado no 1979 polo Centro Lucense. Actualmente conta cunha importante infraestrutura para dar servizo ós 13.200 asociados. Na sede central asinou no Libro de Ouro e departiu con toda a directiva. Antes, nas instalacións deportivas que ten o Centro Galicia no concello Vicente López o Presidente puido comprobar o labor que está a desenvolver. Nos seus salóns chégaronse a reunir 25.000 galegos, a maioría lucenses, para practicar actividades de ocio. Precisamente no concello Vicente López, o Presidente mantivo unha reunión co seu alcalde, Enrique García. A Deputación avalía a posibilidade de irmandarse con este municipio, onde máis peso teñen os lucenses dentro do Gran Bos Aires. O alcalde subraiou que ninguén de Lugo os visitara antes, polo que agradeceu o achegamento da delegación lucense. A xornada concluiu cun encontro coa directiva do Centro Galego de Bos Aires –cun século de existencia- e incluiu unha visita ó seu hospital. O centro estaba en quiebra e foi reflotado pola Xunta de Galicia para dar prestacións médico-asistenciais ós galegos. Para rematar, Gómez Besteiro mantivo unha xuntanza de traballo coa Asociación de Empresarios Galegos, ós que ofertou a provincia como lugar de investimentos para os seus negocios. Xornada do xoves A xornada do xoves estará protagonizada polo encontro coa Presidenta da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo -nominadas ó Nobel da Paz deste ano-, pola inauguración da programación formativa da Deputación no Banco da Nación Arxentina e xunto ós responsables de pymes do Goberno central e pola despedida de Bos Aires, cun encontro multitudinario coa colectividade lucense. A axenda de mañá é a seguinte: JUEVES 11 DE SEPTIEMBRE DE 2008 10:30 h Encuentro del Presidente con la Presidenta de la Asociación Abuelas de Plaza de Mayo, Estela Barnes de Carlotto. Lugar: Local Abuelas Plaza Mayo. Virrey Cevallos, 592 PB. NOMINADAS ESTE AÑO AL NOBEL DE LA PAZ. 11:30 h Encuentro de trabajo y visita en la Delegación de la Xunta en Buenos Aires. Lugar: 25 de mayo, 555 PB 17:00 h Presentación de la programación formativa de la Diputación de Lugo de Iniciativas Empresariales en el Banco de la Nación Argentina y firma de un protocolo de colaboración. Confimada la asistencia de la Dirección de la Fundación Crea, Asociación de Empresarios Gallegos, directivos de la Fundación Banco Nación y técnicos del Gobierno expertos en Pymes. Dirección: Bartolomé Mitre 326 1036 Buenos Aires. 19:15 h Rueda de prensa de balance del viaje del Presidente hasta ese momento. Lugar: Casa Galicia. Dirección: Sede Social: Bartolomé Mitre 2538. 19:45 h Recepción al Presidente y conferencia sobre “Lugo hoy” en el Centro Galicia, con presentación a cargo del Director del Centro, Héctor Fernández Álvarez. Asistentes previstos: 500 gallegos. Dirección: Sede Social: Bartolomé Mitre 2538.