Deputación de Lugo

A Deputación presentará as liñas extratéxicas do LugO2 nun curso sobre agricutura ecolóxica

Imaxe deputación de lugo
O asesor en materia medioambiental, Rodríguez Coello, participará nunha mesa redonda sobre produción ecolóxica e desenvolemento rural

O asesor da Deputación en materia medioambiental, José Rodríguez Coello, expoñerá as liñas estratéxicas do programa europeo Lug02 nun curso sobre “Asesoramento e Agricultura Ecolóxica” que organiza a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica en Lugo. Rodríguez Coello participará nunha mesa redonda que analizará o futuro da produción ecolóxica e o desenvolvmento rural. O acto terá lugar o xoves ás 18:30 horas no Pazo de Feiras e Congresos. O Lug02, un programa da Unión Europea que conta cun presuposto de cinco millóns de euros, contempla divesas actuacións como a mellora na comercialización de produtos autóctonos, medidas para diminuÍr o impacto da carga gandeira e a creación dun Sistema de Información Xeográfica (XIS) O curso está dirixido a agricultores e a técnicos en activo que desexen formarse no asesoramento en agricultura ecolóxica e terá unha duración de 35 horas lectivas. Abordaranse, entre outras cuestións, os principais fitos normativos e instrumentos de apoio da agricultura ecolóxica na Unión Europea, a importancia da biodiversidade e a evolución e importancia da Denominación de Orixe.