Deputación de Lugo

Alumnos de Lugo e Taboada e veciños de Foz participan esta semana en Km0

O Castro de Viladonga, as Lagoas de Copeito e a Ribeira Sacra serán os destinos deste programa promovido pola Deputación

Alumnos de 1º da ESO do centro María Auxiliadora de Lugo e de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Taboada, e veciños de Foz participarán en Km0 nas tres visitas programadas para a primeria semana do mes de marzo. Grazas a esta iniciativa, que ten entre os seus obxectivos dar a coñecer a riqueza patrimonial e paisaxístia da nosa provincia e promocionar a nosa economía, visitarán o Castro de Viladonga, a Lagoa de Cospeito e a Ribeira Sacra. Un grupo de 55 alumnos e profesores do colexio María Auxiliadora de Lugo foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos, onde se lles explicou a finalidade deste programa promovido pola Deputación e que está a acadar un grande éxito. A continuación visitaron a oleiría de Bonxe e un paseo polo río Rato. Xa pola tarde visitarán os Lagos de Teixeiro, o Castro de Viladonga e o aeródromo de Rozas. Maña, 36 alumnos do CEIP de Taboada visitarán a produtora da Fundación TIC, onde coñederán o traballo que esta desenvolve na elaboración do produto audiovisual, desde a súa creación ata a súa difusión. A continuación, desprazaranse ata Cospeito, para visitar o Pazo de Sistallo, a Torre de Vilaxoán de Caldaloba e as Lagoas. A ruta rematará no Museo Arqueolóxico da Terra Chá en Vilalba. Por último, o xoves en Km0 participará un grupo de veciños da Federación da Asociacións da rede cidadá de Foz que coñecerán as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Despois desprazaranse ata a Ribeira Sacra, onde visitarán unha adega e a rectoral de Gundivós. Tamén darán un paseo pola ruta de senderismo de Francos á Ponte de Sil.