Deputación de Lugo

O Vicepresidente, Antón Bao, valorou as actividades programadas pola Área de Cultura durante o verán

Máis de 10.000 persoas participaron nas actividades culturais que a área de cultura levou a cabo nas distintas comarcas de Lugo.

O vicepresidente Antón Bao na roda de prensa da Xunta De Goberno celebrada no Pazo de San Marcos, fixo unha valoración das actividades culturais que a Área de Cultura levou a cabo ao longo dos meses de verán nas Comarcas de Lugo. Ao longo dos meses de verán diversas actividades encheron o baleiro cultural nos distintos Concellos de Lugo. Desde a Área de Cultura deseñáronse actividades culturais onde puidese participar público familiar, onde primaron as actividades de calidade. O vicepresidente da deputación, o nacionalista Antón Bao, valorou estas actividades como un grande éxito de público, acollida de público e participación que serviu par acubrir o baleiro cultural existente nas distintas comarcas de Lugo. Estas actividades serviron de primeira toma de contacto que se repetirá en anos vindeiros, debido ao ao grande éxito da programación cultural deseñada pola Área de Cultura. DIFERENTES ACTIVIDADES CULTURAIS ENCHERON O VERÁN LUCENSE O Vicepresidente da Deputación valorou positivamente as proxeccións do filme galego Pradolongo, desde a Área de Cultura achegouse a 20 localidades diferentes a proxección de xeito gratuíto en todas elas. Arredor de 4000 persoas desfrutaron da proxección deste filme ao longo do verán. A catividade de maxia das comarcas contou coa participación de 6 magos galegos de alto nivel, onde destacou a presenza do Mago Antón, esta actividade levouse a cabo en 10 concellos diferentes e contou cunha participación de máis de 5000 persoas. O proxecto cultura sobre rodas achegou a máis de 2000 persoas, unha actividade dirixida ás familias onde se puxo en valor o noso patrimonio cultural e natural, promocionando a lectura por medio dun proxecto novedoso como son as Ciclobibliotecas. O proxecto Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación efectivizou de xeito real e efectiva a apertura real do Pazo de San Marcos e os seus xardíns á cidadanía, onde se achegaron maís de 2000 persoas nos 6 días que durou a programación. Ao longo dos xoves do mes de Xullo e o primeiro de Agosto actividades variadas como a música, a maxia, o cine, os contacontos ou o circo inundaron de maxia e ilusións os xardíns da Deputación. O CONCERTO DE TREIXADURA E O SEU ORFEÓN VOLVERÁN A ENCHER OS XARDÍNS DE SAN MARCOS. O concerto de Treixadura e o seu Orfeón levarase a cabo nos xardíns da deputación o 18 de setembro ás 20:30 horas, unha das actividades que foran aplazadas por causa do mal tempo. O 25 de setembro a proxección do filme Pradolongo levarase a cabo o xoves 25 de setembro.