Deputación de Lugo

As pallozas do Cebreiro e o primeiro treito galego do Camiño de Santiago en Km0

Membros da Asociación Penitenciaria “Concepción Arenal” visitarán a fábrica de cerámica de Sargadelos

O programa de visitas Km0 chegará esta semana por primeira vez ó Cebreiro e ó primeiro treito galego do Camiño de Santiago. Esta é unha das rutas elexidas esta semana, as outras dúas serán a Sargadelos, no Concello de Cervo, dentro da iniciativa promovida pola Deputación que ten por obxectivo dar a coñecer ós lucenses o traballo que desenvolve a institución como a riqueza patrimonial, paisaxísitica e medioambiental da provincia. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo de veciños da Capela de Vilar de Donas, no Concello de Palas de Rei, que elexiron como visita complementaria o Centro de Artesanía e Deseño. A continuación desprazaranse ata A Mariña, onde coñecerán as instalacións da fábrica de cerámica de Sargadelos e o Real Padroado e percorrerán o Paseo dos Namorados no Concello de Cervo. A Sargadelos tamén irán os participantes na visita de mañá, que son membros da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal. Neste caso, despois de ser recibidos no Pazo de San Marcos por Gómez Besteiro, farán nunha visita guiada pola Insuas do Miño antes de viaxar á Mariña Por último, o destino elexido para o xoves é o Cebreiro. Neste caso, os participantes son solicitantes individuais, que optaron por coñecer o Centro de Interpretación do Río Rato e desprazarse a continuación ata a Montaña. No Cebreiro farán un percorrido a pé por un treito do Camiño de Santiago. A continuación visitarán o Museo Etnográfico e Santa María.