Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación compartiu esta noite con miles
de lucenses o San Froilán de Barcelona

Gómez Besteiro participou nos festexos que concluiron cunha misa e unha procesión na honra de San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu esta noite o San Froilán de Nou Barris -o popular barrio de Barcelona onde residen miles de galegos- con numerosos lucenses e emigrantes de Galicia que se achegaron á Praza Maior do distrito. O mandatario da Deputación participará ata mañá nestes festexos que incluirán, este domingo, unha populosa misa e a procesión en honor a San Froilán. Despois de que o Alcalde de Lugo, José López Orozco, participase na rolda de prensa de presentación do San Froilán de Nou Barris e non puidese asistir ós festexos en Cataluña ó coincidir este ano co San Froilán de lugo, o Presidente da Deputación compartiu estes festexos con miles de galegos, a maioría lucenses, que abarrotaron a Praza Maior do distrito. A partir das nove e media comezaron os principais actos das festas cos discursos do Presidente da Peña Deportivista, Germán Martínez; o Presidente das entidades galegas en Cataluña, Luis Lamas; o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a Alcaldesa de Nou Barris, Carmen Andrés; e o Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu. O Presidente non só saudou a ducias de veciños de Lugo, senón que aproveitou o seu discurso para agradecer ós galegos que tiveron que emigrar o seu apoio á terra galega. Gómez Besteiro aproveitou esta visita para contactar con empresarios galegos de cara a futuro proxectos que beneficien á provincia de Lugo. Para rematar os actos, o Presidente fíxolles entrega de varios agasallos institucionais elaborados polo Centro de Artesanía e Deseño. Discurso do Presidente: Bona Nit, Buenas noches, Boas noites!!!!!!!!!! É un pracer para min estar hoxe aquí celebrando con todos vostedes a festa do noso patrón: o San Froilán. O feito de que os festexos tamén se celebren no distrito de Nou Barris permítenos a Cataluña e Lugo renovar sempre por estas datas os lazos de amizade e de unión. Quero empezar agradecendo á comunidade galega asentada en Cataluña os esforzos levados a cabo durante máis de 10 anos, creo lembrar que 13, para que estas festas se celebren ano tras ano, conseguindo que sexan as máis importantes da capital, despois das tradicionais da Merced. Neste senso, permítanme que lles diga que… polo que vexo, o ambiente que se respira en Nou Barris faime pensar que non collín o avión para estar hoxe en Barcelona… porque vivir o San Froilán en Nou Barris… é case igual que vivilo en Lugo!!!!! Se chego aquí cos ollos pechados… non me podería creer que estou en Barcelona, pensaría que estou no medio do ferial de Lugo. Felicítovos por conseguir este ambiente de festa!!! Certo é que os membros da Asociación de Amigos do San Froilán sabedes recuperar á perfección o tradicional estilo popular destas Festas que, grazas ó traballo levado a cabo polo Concello de Lugo e o Alcalde Orozco, son xa todo un referente dentro da nosa Comunidade Autónoma e fóra dela. Como Presidente da Deputación de Lugo é unha honra saber que o San Froilán non é só a festa dos lugueses que viven en Barcelona, senón tamén as festas de todos os galegos e as galegas que nalgún momento marcharon de Galicia na procura dun futuro mellor. A todas estas persoas que vos seguides acordando de Galicia: “moito vos debemos” e hoxe quero darvos persoalmente as gracias a todos vós. Cando un vén a Nou Barris no San Froilán pensa: ¿Hai mellor forma de promocionar a provincia de Lugo? Despois de estar aquí, só podo decir: Abofé que non. O San Froilán supón un antes e un despois para todos os lugueses. Case toda a provincia nestas datas fai unha paréntese na súa vida para achegarse a Lugo e disfrutar dos festexos. Sen dúbida, unha boa forma de aparcar os problemas e deixar de lado a rutina diaria. Vós durante máis de 10 anos seguides facéndoo igual de ben. Noraboa de novo polo voso traballo e boas festas a todos e a todas que, sen dúbida, as tedes ben merecidas!!!! ¡Boas noites e Viva San Froilán!!!!!