Deputación de Lugo

O Servizo Recadación deu de baixa de oficio todos os recibos do IBI correspondentes ás comunidades de montes veciñais en mancomún

Imaxe deputación de lugo
En setembro quedou resolto o erro de trasvase de datos polo que se enviou o recibo a algunha destas comunidades que están exentas da contribución

Estanse a devolver de xeito inmediato as cantidades que foron ingresadas por este concepto O cobro do Imposto de Bens Inmobles que xestiona o Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación quedou totalmente normalizado nos primeiros días de cobranza do IBI, a mediados de setembro, logo de que quedase resolto un erro polo que se enviaron recibos a algunhas comunidades de montes veciñais en mancomún que están exentas de pagar a contribución. Segundo o artigo 62.1B do texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, os bens comunais e montes veciñais en mancomún están exentos de pagar este imposto, algo que foi comunicado ós Concellos por parte do Servizo Provincial de Recadación. A consecuencia dun erro de trasvase de datos remitíronse algúns recibos que xa foran dados de baixa de oficio polo Servizo Provincial. En canto se detectou a medidados de setembro este problema, que afectou a algunhas comunidades, quedou totalmente resolto. No caso de que algún dos afectados xa teña pagado o recibo, a cantidade seralle devolta polo procedemento establecido.