Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN, ANTÓN BAO, ANUNCIOU O PAGAMENTO DE VARIAS AXUDAS CORRESPONDETES AO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES VECIÑAIS DO ANO 2007

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da aprobación das contas xustificativas de un total de 17 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas suman un total de 23.447,98 euros e corresponden ao Plan de Cooperación con Entidades Veciñais do Ano de 2007. Estas axudas corresponden a entidades veciñais dos concellos de Lugo, Cervo, Friol, Pantón, Páramo, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Sarria, O Saviñao, Viveiro, Samos, Vilalba. Ademais, o vicepresidente primeiro anunciou o establecemento do prezo público de catro libros do servizo de publicacións. Os prezos quedaron establecidos do seguinte xeito: “Unha vida en chamas. Blas Lourés” – 15 €. “Gloria Fernández 1945 - 1996” – 15 €. “Fluxo e refluxo no mar da arte” – 8 €. “Xoán Vila” – 6 €. O prezo dos libros terá un desconto do 30% para a distribución concertada.