Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación apoia a decisión do Alcalde de Lugo de presentar unha cuestión de confianza ligada ós Orzamentos

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro destaca a acordo do PSOE de facilitar a aprobación dos presupostos de todos os municipios neste ano de crise

O Presidente da Deputación e edil do Concello de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, apoia a decisión do Alcalde de Lugo, José López Orozco, de presentar ó Pleno do vindeiro 10 de novembro unha cuestión de confianza ligada ós Orzamentos municipais, despois de que onte os grupos municipais do PP e do BNG votasen en contra e impedisen a súa aprobación. O responsable provincial lembrou a decisión que, respecto ós presupostos municipais tomou recentemente o PSOE. “Hoxe síntome máis orgulloso que nunca de ser membro do partido socialista, porque os socialistas de España, de Lugo, de Galicia vimos de tomar a decisión de apoiar os orzamentos de cada un dos municipios, con independencia da súa cor política, para que neste ano de crise ningún Concello se quede sen aprobar os seus orzamentos, ben co voto favorable ou ben coa abstención, pero que en todos os casos se podan aprobar”, dixo o titular da Deputación. Gómez Besteiro afirmou que “entendo ó Alcalde de Lugo, José López Orozco, no sentido de que non quere que a súa cidade se quede sen orzamentos neste ano tan importante. O tempo dirá quen está en política para crear ou, simplemente, quen está en política para destruír ou enredar”.