Deputación de Lugo

Gómez Besteiro inaugura as XXII Xornadas Penitenciarias Lucenses organizadas pola Asociación Concepción Arenal

O Presidente da Deputación recibiu a Medalla Concepción Arenal que concede anualmente a Asociación luguesa

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este luns as XXII Xornadas Penitenciarias Lucenses organizadas pola Asociación Concepción Arenal, e que se desenvolverán ata o venres, 17 de outubro, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, agás a conferencia do martes, “Xestión delegada do servizo de M.P.A para o departamento de xustiza da Generalitat de Cataluña. Fundación Instituto de Reinserción Social”, que terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Gómez Besteiro destacou a importancia das xornadas nas que se aborda un asunto de vital importancia como son as novas infraccións contra a seguridade vial e as reformas do Código Penal destinadas a afrontar os delitos, tipificando de forma precisa os límites de velocidade e a taxa de alcoholemia, entre outras medidas. Neste senso, o máximo mandatario provincial subliñou que “a Deputación sempre debe colaborar e apoiar iniciativas que poñan en valor a seguridade das persoas, xa que os accidentes de tránsito constitúen unha das principais causas de morte de España”. A este respecto destacou que no que vai de ano rexistráronse 132 mortos en Galicia, dos que 41 foron en Lugo. “A prevención de accidentes é unha tarefa de máxima importancia na que as institucións tamén debemos implicarnos, xa que non podemos esquecer que condutas sociais negativas como os excesos de consumo de alcohol e drogas e de velocidade son as principais causas de numerosas vítimas mortais”. Precisamamente, co obxectivo de garantir a seguridade vial nas estradas, a Área de Infraestruturas da Deputación centra este ano o seu esforzo en acondicionar axeitadamente toda a rede provincial, que dispón de 4.000 quilómetros, a máis extensa de España. Este Departamento conta cun orzamento de 31,5 millóns de euros, dos que 11 millóns están destinados ó investimento en reparación de vías. “Trátase, pois, dun esforzo moi importante que realizamos desde a Deputación para poñer en condicións óptimas a rede provincial ó tempo que tamén garantimos a seguridade dos cidadáns”, engadiu o responsable provincial. Medallas Concepción Arenal Logo do acto inaugural, Gómez Besteiro recibiu unha das medallas que a Asociación luguesa concede anualmente. O titular da Deputación subraiou que “iniciativas coma esta contribúen a crear conciencia e cultura vial na sociedade. Como a política, na seguridade vial sen a decisión dos veciños, nada ten sentido”. Ademais de tres organismos: Cruz Vermella Lugo, Fundación Ires e Equipo Muller-Menor da Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, outras 23 persoas recibiron a distinción da Asociación Concepción Arenal: Antón Bao Abelleira, Vicepresidente Primeiro da Deputación, María Xosé Vega Buján, Vicepresidenta Terceira da Deputación, Rubén Cela Díaz, Director Xeral de Xuventudes da Xunta de Galicia, Manuel Julio Platero Campo, Xerente Provincial do Partido Popular, María Luisa Zarzuela González, Concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Julio González Díez, Xefe Provincial de Tráfico, Elvira Paloma Fernández Domínguez, Subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario de Monterroso, Sonia González Castro, Traballadora Social do Centro Penitenciario de Lugo, Laura Ferreiro Couso, Traballadora Social do Centro Penitenciario de Bonxe, María Lamela Rodríguez e María Teresa Latas Zabala, traballadoras do Centro Penitenciario de Bonxe, Roberto Raposo Celeiro, Director de programas do Centro penitenciario de Bonxe, María Trapero Barreales, Profesora de Dereito Penal da Universidade de León, Arnau Mateo Adrover, Director Técnico da Fundación IRES, Iria Paz Gil, psicóloga-colaboradora da Asociación Concepción Arenal, José Luis Prieto Arroyo, Director UNED Lugo, Elena Puerta Martín, Subdirectora Xeral de Medio Ambiente e Medidas Alternativas da Secretaría de Estado de Institucións Penitenciaras, Olga Gigosos Beberide, Directora de Cadena SER Lugo, Arturo Cerviño Villaverde, Director da Cadena COPE Lugo, Raquel González Salgueiro, redactora de Radiovoz Lugo, Luis Rodríguez García, Director do Diario El Progreso, Mónica Santos Vázquez, Directora de Onda Cero Lugo e Xoán Carlos Vidal, Delegado da Televisión de Galicia en Lugo.