Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN INNAUGUROU O
PABILLÓN MUNICIPAL DE QUIROGA

A construción do novo pavillón municipal de deportes foi financiada con fondos da Deputación de Lugo que aportou 800.000 euros para a súa construcción

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, foi o encargado de inaugurar o novo pavillón municipal de deportes do Concello de Quiroga. A inauguración desta infraestrutura deportiva enmarcouse dentro da visita oficial que o vicepresidente primeiro da Deputación fixo ao concello de Quiroga onde foi recibido polo alcalde Julio Álvarez Núñez. Antón Bao foi presentado, polo alcalde, aos membros da corporación e despois de asinar no libro de ouro do concello intercambiou, co alcalde, uns agasallos institucionais para lembrar esta xornada. Tras unha conversa cos membros da corporación e cos medios de comunicación o vicepresidente desprazouse ata as instalacións do novo pavillón municipal de deportes onde descubriu unha placa conmemorativa e procedeu á inauguración do mesmo. O vicepresidente primeiro foi recibido cunha peza de música tradicional interpretada pola Banda de Gaitas de Quiroga. Tras a inauguración Antón Bao declarou que “aínda que os fondos para o finanzamento desta obra xa foran adxudicados polo anterior goberno da Deputación, e é de xustiza recoñecer a cada un o seu, instalacións como esta amosan a necesidade de que os concellos conten con máis recursos para poder afrontar os investimentos necesarios para que os veciños e veciñas dispoñan de unhas instalacións e servizos que melloren a súa calidade de vida”. Tras unhas palabras das autoridades presentes a comitiva visitou as novas instalacións e, tras realizar o vicepresidente primeiro o saque de hora, presenciaron un encontro de futbol sala que serviu para dar por inaugurado o pavillón. OITOCENTOS MIL EUROS PARA O PAVILLÓN E ACODICIONAMENTO DO ENTORNO A construción destas instalacións foi financiada grazas a aportación de 800.000 € por parte da Deputación de Lugo. A partida orzamentaria para proxectar e executar as obras fora xa asignada polo anterior goberno da Deputación e o novo goberno mantivo o compromiso adquirido para dotar ao concello de Quiroga desta necesaria instalación deportiva. Unha vez rematadas as obras do pavillón, e con cargo aos orzamentos desta ano, a Área de Deportes que depende da vicepresidencia primeira de Antón Bao comprometeu unha aportación económica de 8.000 euros, ao concello de Quiroga, para completar as obras de acondicionamento do entorno deste espazo deportivo inaugurado hoxe.