Deputación de Lugo

A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E A ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN ORGANIZAN A PRIMEIRA INTERNACIONAL DE CABALOS DE ANDADURA GALEGA QUE SE CELEBRA EN LUGO

Esta proba terá lugar na explanada da facultade de veterinaria e estará dividida tres categorías

O salón de actos da Deputación de Lugo acolleu a presentación da I Carreira Internacional Cabalos de Andadura Galega - Cidade de Lugo 2008. Esta competición celebrarase o vindeiro sábado 11 de outubro na explanada da Facultade de Veterinaria de Lugo ás 16:00 horas e estará dividida en tres categorías. Aínda que xa se celebraron estas competicións en 17 vilas galegas, é a primeira vez que unha proba deste tipo se leva a unha cidade,. No acto de presentación estiveron presentes o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira, o Presidente Comité Organizador Xurado da Proba, Jesús Antonio Sánchez Gómez, o Delegado Prov. da Consellería de Medio Rural en Lugo, Emilio López Pérez, o Vocal de andadura e actividades Rurais da Federación hípica galega, Joaquín González Troncoso, o Representante Federación Galega de Hípica, Ignacio López Calvín, o Xerente do Pazo Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López. A proba comezará ás 16:00 horas coa chegada dos participantes e ás 16:30 haberá unha exhibición comentada das distintas modalidades deste deporte. As competicións comenzarán a partir das 17:00 horas e a primeira delas será a de Andadura de dous tempos, seguida da de Andadura de catro tempos e por último pecharase a proba coa competición de Andadura de cabalos trotóns. Unha vez finalizadas as competicións procederase á entrega dos concellos. O xurado estará composto por un presidente, un xuíz de pista-cronometador e un xuíz de faltas que se rexerán polo regulamento da Federación Hípica Galega. Haberá un total de 36 premios para os doce primeiros clasificados en cada unha das tres especialidades e os premios oscilarán entre os 150 e os 30 euros. Esta proba contribuirá en poñer valor, ante a sociedade, á raza de cabalo galego da cal existen uns 1.300 exemplares completamente identificados e rexistrados e uns 18.000 nos montes galegos. Os organizadores lembraron que Galiza é o lugar do estado español que ten o maior censo de cabalos superando os 40.000 exemplares. UNHA TÉCNICA RESERVADA A CURAS E MÉDICOS A técnica da andadura que se utilizará nestas probas foi moi utilizada ao longo da historia dada comodidade que supoñía para os xinetes mentres e que ademais lles permitía desprazarse a unha velocidade considerable. Durante a presentación contouse como anécdota que en 1562 Felipe II decretou a prohibición de que ninguen puidese andar en mulas de paso agás os médicos e os relioxiosos.