Deputación de Lugo

Policías locais fórmanse sobre o procedemento para xuízos rápidos nun curso organizado pola Deputación

18 axentes locais de Lugo, Sarria e Foz participan nesta actividade formativa na que colabora a Academia Galega de Seguridade Pública

Axentes da Policía Local de Lugo, Sarria e Foz participan desde este luns no curso denominado Operativa policial nos casos de xuízos rápidos incluído no convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e a Academia de Seguridade Pública para a formación de membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos Concellos da provincia de Lugo. Con este curso, que se desenvolverá ata o xoves nas Aulas de Formación da Deputación, preténdese, entre outros obxectivos, actualizar o procedemento para o axuizamento rápido de determinados delitos. Tamén se darán a coñecer as actuacións necesarias a desenvolver por parte da policía local como policía xudicial e manexaranse formularios que permitan a concreción de atestados e dilixencias policiais para o seu traslado á autoridade xudicial. Nesta actividade formativa participan 14 axentes de Lugo, 3 de Foz e 1 de Sarria, e será impartida polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Instrución nº4 da Coruña, Víctor Pardo Domínguez, o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Román Ruíz Alarcón, e o xefe da policía local de Pontevedra, Daniel Macenlle Díaz. Iste é o primerio curso sobre a actuación da Policía Local en xuizos rápidos dos tres que se celebrarán na Deputación este ano. Colaboración coa Academia de Seguridade Pública O convenio asinado para 2008 entre a Deputación e a Academia de Seguridade Pública inclúe seis cursos para policías locais e a participación de bombeiros da provincia de Lugo nunha actividade que terá lugar en Pontevedra. Tres destas actividades, que de desenlvoveron en Foz, Vilalba e Monforte, abordaron a reforma do Código Penal respecto ós delitos relacionados co tráfico. Os outros tres, que se celebrarán nas Aulas de Formación da Deputación, son sobre a actuación policial nos casos dos xuízos rápidos. Polo que se refire ós bombeiros, dispoñerán de 10 prazas para un curso que terá lugar na cidade do Lérez sobre a intervención en sinistros con mercadorías perigosas.