Deputación de Lugo

O Goberno Provincial garante a transparencia e a participación coa presenza da oposición nos órganos colexiados

Nomeados os membros do Consello de Administración de Suplusa

A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA) celebrou esta mañá unha Xunta Xeral Extraordinaria na que nomeou ós membros do Consello de Administración da Sociedade. A composición do Consello queda do seguinte xeito: - Presidente: José Ramón Gómez Besteiro - Vicepresidente: Antón Bao - Representantes dos grupos políticos provinciais: Claudio Garrido (PSOE) Miguel Sotuela ( PSOE) Xosé María Arias (PSOE) Melchor Roel (PSOE) Antonio Veiga (BNG) María Xosé Vega (BNG) José Manuel Barreiro (PP) Transparencia nos órganos colexiados Ó remate da Xunta Xeral, o voceiro do grupo provincial do PSOE, Antonio Gato Soengas, sinalou que o actual equipo de goberno “aposta polo principio de representatividade nos órganos colexiados ou dependentes da Deputación, en lugar do de proporcionalidade, que é o que rexía na anterior etapa”. Gato Soengas afirma que o importante é que a oposición teña presenza nestes órganos, co obxectivo de que poida fiscalizar o labor de goberno. Antonio Gato Soengas sinalou que a oposición terá presenza no órgano autónomo do INLUDES e nas mesas de contratación, algo que non sucedía nas anteriores Corporacións. “Esto si que garantiza a transparencia e é un cambio total e absoluto”, afirmou Gato. Na Xunta Xeral de SUPUSA presentou a súa renuncia un dos técnicos que tiñan presenza no Consello. Na actual configuración tan só haberá representantes dos grupos políticos. O voceiro socialista entende que a presenza de todos os grupos politicos garante unha maior transparencia e fai posible solicitar asesoramento técnico cando todos o estimen oportuno. Locais dos grupos provinciais Por outra banda, Antonio Gato Soengas cualificou de “sorprendente” que o voceiro do grupo provincial do PP, José Manuel Barreiro, se queixase de que o PP non teña un local no Pazo Provincial. Gato Soengas dixo que “durante os 24 anos que gobernou Francisco Cacharro, os grupos da oposición fomos tratados como apestados, e nos arredor de 24 días que leva Barreiro na oposición xa sabe que pronto terá locais e persoal para relizar o seu labor”. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno da Deputación celebrada esta mañá aprobou dúas novas obras incluÍdas no Plano de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2007 (POS) nas que se investirán 300.000 euros. Un dos proxectos prevé a mellora dun treito de 150 metros da estrada provincial de Antas de Ulla, por Santa Mariña e Borraxeiros. Inclúe o anchamento da Ponte do Estanco e de dúas curvas que na actualidade dificultan o acceso e a visibilidade na debandita ponte. As obras están presupostadas en 100.000 euros. A Xunta de Goberno tamén acordou investir 200.000 euros nas obras de acondicionamento de plataforma dun treito de 1,5 quilómetro da estrada provincial de Tolda de Castela a Castelo. O ancho da vía pasará a ser de sete metros, mellorarase o firme e acondicionaranse as cunetas. Por outra banda, decidiuse destinar unha subvención de 12.000 euros ó Clube Estudantes de Lugo.