Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo inaugurou este venres a Feira Artesanfroilán

Imaxe deputación de lugo
20 artesáns de toda Galicia participan na feira

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou o pasado venres a décimo primeira edición da feira Artesanfroilán que estará aberta do día 5 ó 14 de outubro na Praza da Soidade en Lugo. No acto tamén participaron a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo. O Presidente da institución provincial visitou os postos instalados na feira e falou cos artesáns participantes para coñecer de primeira man as súas impresións. Esta edición conta coa presenza de 20 artesáns de toda Galicia que poñerán a venda, entre outras, pezas de xoeiría, téxtil, encaixes e cerámica. Os visitantes tamén poderán mercar obxectos de pratería, maquetismo, bonecos, talla, serigrafía, marroquinería, olería, e lámpadas de flor. Artesáns de diversos puntos de España amosaron o seu interese por participar en Artesanfroilán polo que o número de solicitudes superou ó de prazas dispoñibles. Á hora da selección, a organización primou a calidade dos procutos ofertados e a procedencia galega dos artesáns. O obxectivo da mostra é a promoción da artesanía galega e ,moi especialmente, á lucense, así como favorecer o contacto directo entre o artesán e o cliente para que a difusión dos productos sexa a maior posible. Artesanfroilán convérsese deste xeito nun mecanismo áxil de comercialización da artesanía galega e nun punto de partida para unha colaboración eficaz entre o INLUDES e o sector artesanal. O horario de apertura ó público é o seguinte: os días 5,7 e 12 de outubro os artesáns porán a venda os seus produtos de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas. O resto dos días será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas.