Deputación de Lugo

A Deputación aproba a contratación da redacción do proxecto da Escola de Enxeñería Civil

O goberno provincial acorda solicitar á Consellería de Traballo subvencións para a contratación de 64 traballadores

Ratifícase a subvención de 20.000 euros para bolsas a estudantes lugueses en Bos Aires, un compromiso do Presidente na súa viaxe institucional a Sudamérica A Xunta de Goberno deste venres aprobou o prego de condicións para a contratación da redacción do proxecto do edificio de Enxeñería Civil. Segundo apuntou o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, a Deputación investirá 160.000 euros para esta redacción, unha cifra que corresponde ó 4% do presuposto total da obra, 4 millóns de euros que serán financiadas ó 50% pola Deputación e a Universidade de Santiago de Compostela. Gato Soengas destacou o feito de que a Xunta de Goberno aprobe, polo trámite de urxencia, esta contratación o mesmo día no que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Reitor da USC, Senén Barro, asinan o protocolo para a redacción do proxecto. Solicitude de subvencións O goberno provincial tamén acordou solicitar á Consellería de Traballo subvencións para a contratación de 61 traballadores dentro do programa de fomento do emprego a través de programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais. Antonio Gato apuntou que esta é unha proposta de máximos que requeriría un orzamento de 1.240.614 euros, dos que a Deputación achegaría 108.725 e o resto sería aportado polo departamento que dirixe Ricardo Varela. Son axudas que están destinadas ó financiamento de accións de fomento de emprego por parte de entidades locais a través da subvención á contratación de traballdores desempregados e mulleres vítimas da violencia. Solicitamos a inclusión das seguintes actuacións: - Servizos sociais de promoción e desenvolvemento da cultura local (5 traballadores). - Servizo de apoio ó plan de mellora informática do Servizo de Recursos Humanos (1 traballador). - Servizo de benestar e turismo (4 traballadores). - Servizo de revalorización de espazos públicos (7 traballadores). - Servizo de Cooperación e asistencia ó Concellos (5 traballadores). - Servizo de protección e mantemento de espazos fluviais (38 traballadores). - Servizo de potenciación de recursos do arquivo provincial (1 traballador). Temén se solicitará á Consellería de Traballo outra subvención para a contratación de 3 técnicos para a realización dos servzios de información, orientación e busca de emprego. Neste caso, o orzamento destas actuacións é de 154.245 euros, dos que a Deputación aportaría 48.370 euros. Axudas ós emigrantes en Sudamérica A Xunta de Goberno ratificou o decreto da Presidencia polo que se aprobou o convenio de colaboración entre a Fundación Galicia América e a Deputación para proporcionar bolsas ós estudantes galegos e fillos de galegos por importe de 20.000 euros, un dos compromisos asumidos polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, na súa viaxe institucional a Sudamérica no mes de setembro. Neste caso concreto, Gómez Besteiro comprometérase a co-financiar con 20.000 euros a formación dos nenos lucenses sen recursos económicos que estudan no único colexio galego no extranxeiro: o Santiago Apóstol de Bos Aires. Este convenio marca o cambio de rumbo da Deputación de Lugo con respecto á cooperación exterior dirixida á emigración lucenses.Durante este curso lectivo bécase ós pequenos que non teñen recursos económcos para que poidan seguir o seu ciclo formativo. Por outra banda, o goberno provincial aprobou definitivamente a adquisición de 4 vehículos para o Parque Móbil da Deputación que suman un presuposto total de 231.400 euros: un semi-remolque tipo bañeira (45.506 euros); un camión con gravilleiro e caixa basculante (89.900 euros); un camión de emulsión asfáltica para o Parque Móbil Provincial (85.840 euros), e unha máquina motoniveladora (10.194 euros).