Deputación de Lugo

A Presidenta en funcións da Deputación recibe a un grupo de fillos de emigrantes españois en Venezuela

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez subliñou que “continuamos coa colaboración coa mosa emigración que iniciamos coa visita do Presidente a Sudamérica o ano pasado

A Presidenta en funcións da Deputación, Lara Méndez, recibiu este luns a un grupo de fillos de emigrantes españois en Venezuela, algúns deles galegos, que están a realizar unha viaxe cultural por Galicia. Lara Méndez subliñou que “a Deputación ten abertas as súas portas a todos os emigrantes e ós fillos de emigrantes cunha finalidade clara: manter os lazos entre a comunidade de lucenses no exterior, un vínculo que non existía na Deputación ata que chegou o actual equipo de goberno”. Lara Médez subliñou que “continuamos coa colaboración iniciada durante a visita institucional que realizou o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto o Deputado Melchor Roel, a Sudamérica en setembro do ano pasado, en concreto, a Arxentina, Uruguai e Venezuela”. O grupo, formado por 10 mozos, está a pasar 15 días en Galicia grazas a un programa do Ministerio de Traballo e Inmigración e que foi solicitada pola Fundación Españoles en el mundo Ramón Rubiales. A viaxe comezou o día 2 na Coruña. Desde o venres están en Lugo, e ó mediodía desprazáronse ata Viveiro, onde serán recibidos polo Alcalde, Melchor Roel. Mañá trasladaranse a Ourense a viaxe rematará en Vigo o día 17. A voceira do grupo, Astrid Sánchez, agradeceu o recibimento e amosou a súa satisfacción por que se lles dea a oportunidade de coñecer a terra dos seus pais.