Deputación de Lugo

Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo no San Froilán en Barcelona

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación foi invitado polos empresarios lucenses emigrados na Cidade Condal que organizan hai 14 anos estas festas.

Besteiro promocionou as rutas xacobeas que atravesan a provincia a través do programa “Km0 a Compostela” porque “es una oportunidad económica que no vamos a dejar escapar”. O Centro de Artesanía e Deseño do organismo provincial elaborou e donou para a comunidade galega de Nou Barris unha talla de San Froilán. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a campaña de produtos autóctonos “Lugo Sabe” no stand de turismo que o organismo provincial trasladou a Barcelona con motivo da celebración do San Froilán. Gómez Besteiro acudiu invitado polos empresarios que organizaron para esta fin de semana a celebración do San Froilán no distrito barcelonés de Nou Barris. O titular do organismo provincial agradeceu “la promoción de los festejos lucenses en Cataluña, que gozan de un espacio privilegiado gracias al trabajo de los lugueses agrupados en este barrio como Asociación de Amigos del San Froilán”. Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, e a rexidora do distrito de Nou Barris, Carmen Andrés, aproveitou a enorme afluencia de público para presentar as rutas xacobeas “que tienen 800 quilómetros a su paso por la provincia de Lugo, convirtiéndose en la gallega con mayor extensión y en puerta de entrada por excelencia del Camino en Galicia”. A Deputación de Lugo é a primeira administración galega que ten unha programación específica adicada ó Xacobeo 2010 -denominada “km0 a Compostela”-, “una oportunidad económica que no estamos dispuestos ni a dejar escapar ni a desperdiciar”, afirmou Gómez Besteiro, que recordou que terán que pasar 11 anos para o próximo Ano Santo. En Nou Barris comeza a celebración do San Froilán o mesmo día que, de forma oficial, arranca en Lugo, polo que o mandatario provincial agradeceulle ó Alcalde barcelonés “su presencia en el acto, reforzando los vínculos de unión que siempre son productivos y rentables para todos”. Os festexos teñen lugar desde hai 14 anos cando un grupo de empresarios lucenses quixeron traer o espíritu lucense ata Barcelona. Dende entón recupera o tradicional estilo popular con música galega, verbenas, sesión vermú ou a procesión do domingo –un dos principias acontecementos que este ano inclúe unha novidade: o paseo dunha nova talla do San Froilán elaborado e doado polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación. Neste senso, Gómez Besteiro concluiu que “el organismo provincial al que represento agradece de forma muy especial el trabajo y la dedicación de los lucenses emigrados en la promoción de una ciudad y de una provincia que nadie olvida: la vuestra”.