Deputación de Lugo

Máis de 150 persoas participarán na programación oficial de obradoiros de primavera do CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
Os primeiros 20 alumnos enchen os cursos de Cestaría Fina de Láminas de Madeira e o de Iniciación de Alto e Baixo Relevo en Arxila

O Centro de Artesanía e Deseño, depende da Deputación, organiza preto de 20 xornadas ó longo desta tempada para as que xa quedan as últimas prazas O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, organiza preto de 20 xornadas sobre cestaría, vidro, xoiería, coiro, cerámica, téxtil, e madeira, dentro da programación oficial de obradoiros de primavera que arrincou esta semana, e se prolongará ata o mes de maio. Máis de 150 persoas participarán nestas xornadas para as que xa quedan as últimas prazas. Deste xeito, os primeiros 20 alumnos enchen xa os cursos de Cestaría Fina de Láminas de Madeira, e o de Iniciación de Alto e Baixo Relevo en Arxila. No primeiro dos casos, os participantes están a elaborar cestos en láminas de madeira segundo a centenaria técnica de Baño de Montemaior, de Cáceres. Deste xeito, a xornada está sendo impartida por un artesán da zona, Daniel Rodríguez. No obradorio de cerámica, cuxo aforo tamén está completo, 10 persoas están a crear pezas con relevos en arxila e pastas cerámicas en distintos formatos: pranchas, pezas de torno, e escultura construtiva. Da mesma forma, esta fin de semana o CENTRAD acollerá un novidoso curso téxtil sobre o Cardado e o Fiado, mentras que a vindeira semana arrincará xa o obradoiro de Fabricación de Xerras para Viño. A programación oficial de obradoiros de 2010 está sendo todo éxito. Dende a súa posta en marcha no mes de febreiro prácticamente todos os cursos quedaron cubertos. Deste xeito, quedan poucas prazas para completar a cota nas xornadas desta tempada. Ó mesmo está a acontecer cos cursos que a Deputación celebra nos colexios da provincia que en reiteradas ocasións se incrementaron debido á demanda. En 2010, o organismo provincial ampliou nun 20% a oferta formativa do CENTRAD superando os 240 obradoiros.