Deputación de Lugo

Lara Méndez participa na inauguración do curso Especialista en Seguridade Social de Relacións Laborais

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda, como membro da Fundación Campus de Lugo, subliña a colaboración da institución na formación dos estudantes da Facultade

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na inauguración do curso Especialista en Seguridade Social que, dende mañá e ata finais de xuño, especialistas nesta materia impartirán na Facultade de Relacións Laborais. Lara Méndez felicitou aos organizadores desta xornada pola celebración da cuarta edición, e polo éxito de convocatoria. Neste senso, subliñou que “a Deputación, como membro da Fundación Campus de Lugo, non dubido nin un intre en colaborar con esta iniciativa”. A titular da área de Promoción Económica e de Emprego do organismo provincial salientou que “sempre vamos apoiar proxectos que formen e especialicen aos nosos universitarios”. Méndez lembrou que a Deputación ten en marcha proxectos como a construccón do Edificio Civil Enxeñería, a posta á venda dunha parcela para a ubicación dunha entidade relacionada coa biomediciona e onde os estudantes farán prácticas, a posta en marcha da UNED, ou a de Relacións Laborais. “A Deputación sempre camiñou da man co Campus de Lugo”, sinalou. A Fundación Campus de Lugo, da que forman parte a Deputación, a Cámara de Comercio, e a CEL, impulsaron o funcionamento desta Facultade. Lara Méndez destacou que “nós apostamos por esta Escola e polo futuro dos seus estudantes. Coa axuda das administracións, e coa organización de xornadas coma esta, faremos que de aquí saían grandes profesionais”. Programa do curso A cuarta edición do curso Especialistas en Seguridade Social desenvolverase dende este vindeiro venres e ata o 24 de xuño na Facultade de Relacións Laborais. Serán máis de 200 horas lectivas nas que os estudantes recibirán clases sobre a historia, xestión, réxime económico, prestacións, ou dereito internacional no ámbito da Seguridade Social. A xornada ten ademais unha parte práctica sobre o cálculo de prestacións nos diferentes réximes, e a inscripción de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores: o sistema RED. Cotización á Seguridade Social. Os estudantes que realicen todo o curso recibirán ademais 20,5 créditos.