Deputación de Lugo

Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo nun encontro con rapaces de Suecia

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación recibiu a alumnos do colexio sueco “Tibble Gymnasium” que están a participar nun programa de intercambio

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves no Pazo Provincial a 30 rapaces da cidade sueca de Täby que están a participar no programa de intercambio entre o centro “Tibble Gymnasium” e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Gómez Besteiro quixo aproveitar este encontro para promocionar os produtos autóctonos da provincia ofrecendo ós mozos lotes da campaña do organismo provincial Lugo Sabe. O titular do Goberno Provincial salientou que Lugo conta con 3 Rerservas da Biosfera que se extenden en 5.500 quilómetros cadrados. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “somos a provincia española coa maior extensión medioambiental avalada pola UNESCO. A naturela de Lugo é un valor engadido que debemos potenciar. Por iso, a Deputación está inmersa en proxectos como Lugo Sabe. A titora dos rapaces, Kristina Westerberg, explicou que este é o décimo ano que alumnos do “Tibble Gymnasium” veñen a Lugo. “Elegimos esta ciudad por su riqueza natural y cultural. Aquí encontramos lo mejor. Además, los gallegos sois bilingües, cuestión muy positiva para quienes venimos a formarnos” salientou. Neste senso, Gómez Besteiro incidiu en que “o noso idioma é un valor engadido do que temos que sentirnos orgullosos xa que nos enriqueza, e nos diferenza. O noso deber é apoiar o galego, e fomentar a normalidade entre un idioma e outro”. O acto rematou coa entrega de agasallos institucionais. A responsable do IES sueco fíxolle entrega ó Presidente dun libro con información sobre a cidade de Täbi. Pola súa banda, Gómez Besteiro entregoulle á directora unha pequena peza de Sardelos, e un díptico en todos os idiomas sobre o traballo da fábrica de cerámica da Mariña que nos vindeiros días visitarán.