Deputación de Lugo

A Deputación investirá máis dun millón de euros na ampliación da banda ancha na provincia

Imaxe deputación de lugo
Este novo concurso, que se inclúe dentro do Innova-TE, garante ós Concellos o acceso a Internet, e supera a fenda dixital

O investimento súmase e complementa os 7 millóns de euros recentemente adxudicados para a implantación da e-administración en Lugo A Deputación organiza unha xornada informativa o vindeiro 20 de abril no Pazo de San Marcos para dar conta a todos os interesados do contido do novo concurso A Deputación porá en marcha o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, dotado de máis dun millón de euros, cofinanciado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% polo INLUDES, co obxetivo de garantir ós Concellos e ó organismo provincial os mecanismos necesarios para acceder á Rede. Trátase dunha actuación que se suma e complementa o concurso anteriormente adxudicato dentro do programa Innova-TE, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego con 7 millóns de euros. A iniciativa facilitará o acceso a unha ampla gama de recursos, servizos, e produtos, para mellorar a eficiencia das administracións locais, a interacción cos cidadáns, e a seguridade nas infraestruturas dos Concellos da provincia. Deste xeito, o organismo provincial celebrará o vindeiro martes 20 de abril, no Pazo de San Marcos, ás 12:00 horas, unha xornada informativa para dar conta do contido deste concuro ás empresas interesadas. Para elo, deberan confirmar a súa asistencia antes das 14:00 horas do luns 19 de abril, enviando ó correo electrónico innovate@deputacionlugo.org, os seguintes datos: nome ou razón social da empresa participante; nome, apelido, e DNI dos representantes que acudirán. A Deputación aclara que a asistencia á xornada informativa non é requisito para a presentación de propostas unha vez que se poña en marcha o concurso, nin suporá vantaxe ou mérito sobre os restantes licitadores.