Deputación de Lugo

As bandeiras da Deputación ondean a media asta en sinal de dor polo Presidente e o resto de falecidos en Polonia

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro deu a orde a primeira hora da mañá tal e como establece o Real Decreto publicado no BOE

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ordeou este luns que as bandeiras da Deputación ondeasen a media asta en sinal de dor ante o falecemento do Presidente da República de Polonica, Lech Kaczynski, e doutras 95 persoas. Deste xeito, dende a primeira hora da mañá as enseñas provincial, nacional e europea presentan a nova forma, tal e como establece o Real Decreto do 11 de abril do Goberno Central e que foi publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado, no que se declara loito oficial dende as 00:00 horas ata as 24:00 horas deste luns en todos os espazos públicos e buques da Armada. O suceso acontecía o sábado na cidade rusa de Smolensk co Presidente e outros altos cargos de Polonia a bordo, moi preto de onde en 1940 a policía estalinista asesinara á metade da oficialidade polaca ata sumar 20.000 corpos no intento de privar a Polonia das súas elites militares e civís. Ante tal traxedia, tal e como indica o Real Decreto, a Deputación quere solidarizarse coa nefasta traxedia na que tamén faleceron altos cargos políticos, militares e financieiros do país. Kaczyniski atopábase ó final do seu mandato e as eleccións estaban previstas para este mesmo outono. Co acontecido, os comicios terán que ser adiantados, xa que as leis deste país obrigan a celebralas antes de 76 días.