Deputación de Lugo

Gómez Besteiro recibe a insignia de ouro no 60 aniversario da Confraría do Cristo do Perdón de Lugo

Imaxe deputación de lugo
null

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a insignia de ouro da Confraría do Santo Cristo de Perdón e a Virxen da Piedade de Lugo durante a celebración do 60 aniversario desta Irmadade relixiosa. Trátase dun distintivo que só foi concedido noutra ocasión, cando a Confraría cumpriu o medio siglo de existencia, e que recibiron o Bispo, Frai José Higinio Gómez, o Xeneral da Garda Civil, Antonio López, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o anterior Presidente do organismo provincial, Francisco Cacharro, e o Irmán Maior, José Luis Cancela. Nesta ocasión, ademais de Gómez Besteiro, a Confraría lucense impuxo este distintivo ó actual Bispo, Alfonso Carrasco Rouco, a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e o Tesoseiro desta Irmandade, Luís Rodríguez Fernández. A Confraría do Santo Cristo de Perdón e a Virxen da Piedade de Lugo organizou unha cea de gala no restaurante da cidade lucense Mencia Mencia en celebración do seu 60º aniversario, e a que acudiron decenas de representantes relixiosos e da administración. Esta Irmandade foi fundada na Semana Santa de 1950, e dende entón é unha das protagonistas durante as procesións que percorren a cidade de Lugo dende o Domingo de Ramos ata o de Resurrección.