Deputación de Lugo

Lara Méndez destaca o papel do Centro de Artesanía e Deseño na formación dos artistas da provincia

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda da Deputación inaugura a exposición de fotografía de Carmen Llonín que acolle a Capela de Santa María ata o 14 de abril

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inaugurou este xoves a nova exposición que organiza o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, na Capela de Santa María. Trátase dunha exposición composta por preto de 30 fotografías que transmiten emocións humanas. Son imaxes narrativas divididas en 10 series segundo o seu contido: Maruxía, Ser Rocha, Deleble, Pel de Fogar, Tentar, Bolboreta, Fogares, Retratos Velados, Trala Porta, e Voo. Carmen Llonín, a autora da mostra, é unha artista lucense autodicta que se formou, na súa maioría, no Centro de Artesanía e Deseño. Deste xeito, participou en distintos obradoiros que ofrece o CENTRAD co obxetivo de conservar e impulsar a tradición de Lugo. Lara Méndez salientou que “mostras coma esta demóstranos que vamos polo bo camiño, e que o Centro de Artesanía está a contribuír a que Lugo non perda a súa identidade cultural”. A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego explicou que, dende o 2008, cando se ampliou o contido dos obradorios, máis de 20 profesionais participaron, ó igual que fixo Carmen Llonín, nos cursos de artesanía. “Os artistas de Lugo encontran no CENTRAD un lugar único en Lugo para desenvolver o seu traballo e formarse”. Pola súa banda, Carmen Llonín asegurou que sempre estivo moi vinculada o Centro de Artesanía porque potencia a creatividade dos artistas. Ademais, amosouse moi ilusionada por expoñer “na mellor sala da provincia”. A exposición poderase visitarse na Capela de Santa María ata o 14 de abril co seguinte horario: - de 12:00 horas a 14:00 horas pola mañá - de 18:00 horas a 21:00 horas pola tarde - de 18:00 horas a 21:00 horas as fins de semana