Deputación de Lugo

A Deputación mellora a estrada dos Vilares, no Concello de Guitiriz, para garantir a seguridade vial

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial acometeu a mellora do peralte das curvas e a sinalización horizontal e vertical dun treito de 200 metros

Coa eliminiación deste punto negro, aténdese a demanda da Alcaldesa de Guitiriz e dos veciños da zona A Deputación acometou diversas obras de mellora nun treito de douscentos metros, á altura do punto quilométrico 5,000, da estrada provincial CP 2301, que comunica Guitiriz coa localidade dos Vilares. O obxectivo é mellorar a seguridade vial nesta vía, na que se produciron varios accidentes de tráfico. Grazas a estes traballos, nos que o organismo provincial investiu 34.000 euros, mellorouse con aglomerado o peralte das curvas e botouse unha segunda capa cunha mezcla especial antideslizante. Ademais, as obras incluíron a ordenación da intersección da estrada provincial coa saída da pista que vai a Fibreiro e Cal, a instalación de ollos de gato e a sinalización horizontal e vertical. En concreto, colocáronse 12 sinais verticais de límite de velocidade e advertencia de perigo. A Deputación atende así a demanda da Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, que recolleu a preoucpación dos veciños da zona e dos usuarios da vía polos sinistros que tiveron lugar neste treito, algún deles, mortal. O compromiso de eliminar este punto negro da rede viaria provincial fora asumido polo Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, nunha visita á zona, na que estivera acompañado pola Alcaldesa guitiricense.